Anotacións coas etiquetas “experiencias”

BOLSAS VISCOSAS!!

Escrito por calvario, o 18 Xaneiro 2012 17:05

Na aula das Tartarugas esta semana manipulamos unhas bolsas que contiñan distintos materiais, iso si todas elas un pouco viscosas. Sentimos unha extraña sensación pois, algunhas estaban frías, outras pesaban,derretíanse…

LUCES, CORES E LANTERNAS

Escrito por calvario, o 30 Novembro 2011 17:02

Como lles gusta as Tartarugas xogar coas lanternas, alumean cara ó chan, a súa cariña,… tamén desfrutan observando as cores na mesa de luz, que bonitas!!

As veces quedamos a escuras, non vemos nada jeje!!

EXPERIMENTAMOS NOVOS SABORES

Escrito por calvario, o 22 Xuño 2011 20:42

Na aula das Xirafas fixemos varios obradoiros de observación e degustación, no primeiro as crianzas manipulaban diversas hortalizas que chamaron moito a súa atención e despertaron a súa curiosidade: forma,cor, tamaño,olor….

No seguinte obradoiro ofrecémoslle froitas coas que non soen estar en contacto ou comer tan a miúdo, sorprendéronlle e  disfrutaron moito manipulandoas e saboreándoas, unhas gustaban máis ca outras je je

Tamén fixemos un rico batido de fresas, quitámos a folliña verde, botamos o leite, azucre e por suposto as saborosas fresas!! que rico!!

O noso entorno

Escrito por calvario, o 10 Xuño 2011 07:15

Este mes de Xuño na  aula das Xirafas estamos facendo actividades relacionadas co medio natural. Comezamos plantando unha semente e cada día observamos a súa evolución. Como medra!!

Tamén tivemos unha sorpresa! ¿A que  non sabedes quen nos visitou? Pois doús coelliños!!  Xogamos con eles, comer on cenouras, beberon auga….coidámolos moi ben para que veñan outro día a escola!!

Gracias pola sorpresa Marga!!

UN CONTO MOI ESPECIAL

Escrito por calvario, o 4 Maio 2011 10:22

Por todos e todas e ben sabido que para un neno/a ninguén conta os contos mellor que mamá e papá por iso decidimos traer iso a escola.

A primeira en animarse foi a nai de Xoán. Sumerxiunos no mundo das raias coa historia da CEBRA CAMILA.

Tamén acudiu a madriña de ÁLEX a contar un clásico que nunca pode faltar: OS TRES PORQUIÑOS.

A nai de Eva tamén se animou e contounos un conto de animais. As crianzas disfrutaron moito escoitando os sons que emitía cada un deles para chamar pola súa nai.

Outro día Alex trouxonos un trasno contacontos, o cal tivo moito éxito entre as crianzas.

Transmitir o gusto pola lectura e o seu desfrute é tarefa da escola e da casa. Deixémoslle ser por uns intres lobos, piratas, trasnos… Voemos coa imaxinación!!

MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

OBRADOIRO DE FARIÑA

Escrito por calvario, o 18 Abril 2011 12:29

O centro de interese neste mes de Abril son os contos e de ahí xorden as actividades. A semana pasada escoitamos “Os sete cabritiños” e que mellor que recrear o que fixo o lobo coa fariña! Él botouna nas patiñas, nós en algún sitio máis pero…foi moi divertido!!

OBRADOIROS DE PINTURA

Escrito por calvario, o 7 Abril 2011 09:45

Para rematar o centro de interese das Artes Plásticas,tan motivador para as crianzas decidimos facer doús obradoiros de pintura.

No primeiro obradoiro ofrecémoslle distintos materiais da natureza e de refugallo e deixamos que libremente exploraran as súas características. Logo démoslle un pincel e a pintar!!

Como xa pintáramos con témpera decidimos probar que tal se pinta con….. CHOCOLATE!! A verdade é que bonito non sei se quedou pero ten un cheiriño máis ricooooo!!

PINTURA CORPORAL E OBRADOIRO DE GALLETAS

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2011 07:58

As Xirafas seguimos experimentando coa pintura, esta vez no obradoiro de pintura corporal o noso corpo convertiuse nun fermoso lenzo. Desfrutamos un montón  e a nosa pel quedou tan suave coa cremiña!! iso sí un bañino non lles vai vir mal!!

Queremos transmitirlles as nosas crianzas que calquera elemento ou obxeto e bó para pintar e crear arte. Para iso cambiamos o papel por outro material, neste caso galletas, pintamos con distintos colorantes alimenticios e logo papámolas!!!mmmmnnn!!que ricas!!

PEQUEN@S PANADEIR@S

Escrito por calvario, o 15 Abril 2010 13:46

Á volta de Semana Santa as tartarugas quixemos convertirnos en panadeir@s!!Así que nos puxemos mans á obra!!

Primeiro, Patry e Gemma, deixáronnos un tempo para que manipuláramos os distintos ingredientes deste obradoiro como foron a fariña e a auga morniña!! Axudámoslle a mezclalos mentras cantábamos unha canción que decía: “Así amasaba, así, así; así amasaba, así, así; así amasaba, así, así; así amasaba que eu a vín!”

E aínda que ó principio estaba todo pegañento, logramos facer unha moi boa masa coa que xogamos no chan a facer gran diversidade de figuras!!

UNHA EXCELENTE EXPERIENCIA!!

ESTIMULANDO O GUSTO

Escrito por calvario, o 24 Marzo 2010 09:09

Con este obradoiro pretendíamos que @s nen@s máis pequech@s da escola experimentaran distintas sensacións como o tacto, olor, textura, sabor,… que proporcionan a laranxa e as galletas.

Primeiro mostramos ás crianzas as laranxas para que as tocasen, olesen e manipulasen. Algún que outro ata se atreveu a mordelas antes de tempo!!

Logo participaron facendo o zume. Darlle ó expremedor foi toda unha experiencia ¡Cómo lles gustou!

Tamén colaboraron partindo as galletas e mesturándoas para facer a papa!

Por último ¡tocou probala! e bueno… tamén esparcila por toda a mesa, jeje!

FOI UN PLACER VER COMO DISFRUTÁSTEDES PEQUES!!