Anotacións coas etiquetas “experiencias”

ESTIMULANDO O GUSTO

Escrito por calvario, o 24 Marzo 2010 09:09

Con este obradoiro pretendíamos que @s nen@s máis pequech@s da escola experimentaran distintas sensacións como o tacto, olor, textura, sabor,… que proporcionan a laranxa e as galletas.

Primeiro mostramos ás crianzas as laranxas para que as tocasen, olesen e manipulasen. Algún que outro ata se atreveu a mordelas antes de tempo!!

Logo participaron facendo o zume. Darlle ó expremedor foi toda unha experiencia ¡Cómo lles gustou!

Tamén colaboraron partindo as galletas e mesturándoas para facer a papa!

Por último ¡tocou probala! e bueno… tamén esparcila por toda a mesa, jeje!

FOI UN PLACER VER COMO DISFRUTÁSTEDES PEQUES!!

MANIPULANDO FARIÑA

Escrito por calvario, o 18 Marzo 2010 14:42

@s máis pequen@s da escola realizaron un obradoiro de fariña co que disfrutaron un montón! Este foi realizado en dúas sesións.

Na primeira, @s nen@s manipulárona só coas mans e sobre unha mesa. ¡ENZOUFARON O QUE QUIXERON!

A segunda sesión foi realizada no chan e como podedes observar, espimos @s nen@s para que experimentaran con todo o seu corpo as distintas sensacións que produce tocar, chupar e ata ¡comer a fariña!

QUE BEN QUE O PASAMOS!!!

UNHAS VISITAS MOI ESPECIAIS…

Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 10:16

Na galescola tivemos unhas visitas moi especiais. A tartaruga Leo e unha parella de parrulos viñeron de visita!

A tartaruga Leo primeiro visitou ás Xoaniñas e aos Parrulos. Tivemos reaccións de todo tipo! A continuación foron á aula dos Golfiños, que disfrutaron moitísimo con ela.

Noutra ocasión, visitaronnos unha parella de parruliños, eran tan bonitos!! As nenas e os nenos da galescola querían collelos, abrazalos, darlles de comer,…

 

É inverno, que frío!

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 10:30

Logo do Nadal, na galescola puxémonos a descubrir cales eran as principais características do inverno e a experimentar co frío.

En Galicia o máis destacado é a choiva, e este ano choveu un montón! Por iso, a clase dos Golfiños, saíu ao patio a xogar cos paraugas e logo fixeron un enorme paraugas entre todas e todos.

Coma foi un ano de moito frío e neve, os Parrulos fixeron un gran boneco de neve. Aproveitaron para xogar coa pintura e con papel de seda.

E as Xoaniñas, fixeron un enorme mural para darlle a benvida ao inverno. Que ben o pasaron deixando as súas manciñas simulando a neve.

Pero sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a experiencia cos xeos… Primeiro, tinguimos a auga. Ás crianzas encantáballes ver como cambiaba de cor. Logo levamos os recipientes ao conxelador e ao día seguinte as/os nosas/os artistas adicáronse a pintar co xeo de distintas cores.

Sen dúbida, disfrutamos coma ananos!