Anotacións coas etiquetas “Familias”

BATALLA DE FLORES

Escrito por calvario, o 7 Maio 2012 09:24

Chegou un novo mes e con el os MAIOS!! Por iso no cole, como cada ano, preparamos a nosa batalla de flores!!

Todas as crianzas colaboraron e trouxeron flores da casa. Logo fomos quitándolle os pétalos: que bonita estaba a cesta con tantas cores!

Para finalizar, lanzamos os pétalos e… que ben o pasamos!

Menú de maio

Escrito por calvario, o 30 Abril 2012 11:00

Á atención das familias;

Xa está á vosa disposción ó menú correspondente ó mes de maio.

Un saúdo

mend189-bebd180s-maio12

mend189-xeral-maio12

Menú de abril

Escrito por calvario, o 12 Abril 2012 14:13

Á atención das familias;

Poñemos á vosa disposición o menú do mes de abril. Sentimos a demora.

Aproveitamos tamén para lembrarlle ás familias que non é posible actualizar o blogue xa que non dispoñemos de cámara fotográfica debido ó roubo sufrido na escola.

mend189-xeral-abril12

mend189-bebd180s-abril12

Atentamente.

Menú do mes de marzo

Escrito por calvario, o 28 Febreiro 2012 13:10

Á atención das familias;

Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de marzo.

Un saúdo

menu-bebes-marzo12

menu-de-transicion-marzo12

menu-xeral-marzo12

FESTA DE ENTROIDO!!

Escrito por calvario, o 27 Febreiro 2012 14:40

Continuamos coa celebración do entroido organizando unha gran festa!!

Todas e todos estaban convidadas/os a disfrazarse do que máis lles gustase para vir a pasar unha mañá divertida na escola!!

Primeiro as crianzas desfilaron lucindo o guapas que estaban e despois… todas/os a comer e a bailar!!

Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o pasamos…

OBRADOIRO DE COCIÑA

Escrito por calvario, o 22 Febreiro 2012 10:56

O luns na escola tivemos unhas colaboradoras de primeira!

A mamá de Xavi, a mamá de Naiara e a avoa de Mafalda viñeron a axudarnos a preparar unhas deliciosas orellas e rosquillas para a festa do entroido. Pola mañá, Mónica a nosa cociñeira, preparou as masas e pola tarde contamos con estas colaboradoras de luxo que nos axudaron a cociñalas.

O resultado: delicioso! Agora, a degustalas na festa!!

OBRADOIRO DE DISFRACES

Escrito por calvario, o 17 Febreiro 2012 15:09

O pasado venres, a escola convertuese nun taller de creación onde as familias deseñaron os disfraces que as crianzas lucirían no desfile de entroido.

Todas e todos traballaron un montón! O grupo de 0-1 realizou o disfrace na aula, mentres que as familias de 1-2 e 2-3 o fixeron na sala de usos múltiples.

O resultado foron uns disfraces preciosos que lucimos hoxe no defile, pero para velos, teredes que agardar un pouquiño…

Menú de febreiro

Escrito por calvario, o 31 Xaneiro 2012 10:39

Á atención das familias;

Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de febreiro.

Un saúdo

menu-bebes-febreiro12

menu-de-transicion-febreiro12

menu-xeral-febreiro12

Menús de xaneiro

Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:14

Á atención das familias;

Tedes á vosa disposición os menús correspondentes ó mes de xaneiro.

Un saúdo

menu-bebes-xaneiro11

menu-xeral-xaneiro11

OBRADOIRO DE XOGUETES DE REFUGALLO

Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27

Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.

Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.

Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!