Anotacións coas etiquetas “festa de fin de curso”

A NOSA GRAN FESTA DE DESPEDIDA

Escrito por calvario, o 5 Xullo 2011 14:57

Como cada ano e para dar por rematado o curso organizamos unha festa coas familias, todos e todas estaban convidados a unha merendola pero antes as educadoras aproveitaron para entregar un pequeno agasallo a tódalas crianzas que remataban o ciclo. Foi unha tarde moi emotiva porque despediamos a nosa primeira promoción.

As familias tamén elexiron este día para amosar o seu agradecemento as educadoras polo traballo realizado neste curso.

Logo bailamos, cantamos e por suposto comemos a saborosa merenda que preparamos na escola coa axuda da nosa cociñeira preferida!! Gracias Móni!!

Foi unha tarde moi divertida, para o ano máis je je!!

Moitas gracias!!

FESTA DE FIN DE CURSO!

Escrito por calvario, o 9 Xullo 2010 10:18

Parece que aínda onte comezamos co período de adaptación, e xa estamos despedindo este curso 2009/2010. E para facelo, organizamos unha festa por todo o alto, como se merecen as/os pequerrechas/os do noso centro. Para iso, contamos coa colaboración de Rosa, a directora da EI Rúa Palencia, que moi amablemente nos cedeu o seu centro, xa que o noso se facía un pouco pequeniño…

Para comezar, as profes de cada aula quixeron darlle ás crianzas un diploma moi especial, no que se lles agradecía a ilusión, a ledicia, a fantasía e a diversión coa que nos agasallaron durante este curso.

A continuación, subimos a disfrutar da proxección dun video con algunhas das fotos que se sacaron ao longo do curso e no que se amosaba unha pequena mostra do noso traballo. Ademais, este foi o momento elixido pola ANPA para entregarlle un pequeno agasallo ás mestras da aula de 2-3: cada nena/o fixo un debuxo (con fotos, etc) para entregarlles de recordo ás súas mestras…. foi un momento moi emotivo!

Logo a merendar! Mónica, a cociñeira do cole, colaborou moi activamente na preparación dunha merenda moi rica que lles encantou… E para finalizar, a ANPA organizou un pequeno xogo e  ata agasallou ás crianzas cun globo. Foi unha tarde moi divertida e feliz!!

E para rematar, só nos queda agraderlle a todas as persoas a súa colaboración na realización desta festa e como non, destacar o ano tan feliz que compartimos cos/coas verdadeiros/as protagonistas: as nenas e nenos desta pequena escola!

Moitas grazas por todo!