Anotacións coas etiquetas “flores”

OBRADOIROS NA PRIMAVERA

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 12:56

A partir do conto “ADIVIÑA CANTO TE QUERO” traballamos a primavera realizando un obradoiro de maquillaxe, outro de flores e un mural super alegre e divertido!!

A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro de maquillaxe no cal algunhas crianzas non quixeron participar. Iso de “manchar” a cara non é de agrado para tod@s,…jeje!

O obradoiro de flores alegrou moito a aula de bebés!! Esa mañá toda a clase estaba alegremente decorada e ademáis olía xenial! Cantas flores había!! (no chan, nos cestos, nos espellos,…)

Ás crianzas costoulles comezar a manipulalas, parecía como se non se atreveran a tocalas pero pouco a pouco fóronse adentrando no obradoiro e puidemos observar como estimularon a través del todos os sentidos!!

Para realizar o bonito mural proporcionámoslle @s nen@s os rodillos cos que disfrutaron un montón! Unha vez realizado o fondo, nen@s e maiores plasmamos as nosas mans para realizar flores e bolboretas! Quedou superchulo coas fotos das nosas cariñas enriba!!

BENVIDA PRIMAVERA!!!

Batalla de flores

Escrito por calvario, o 28 Maio 2009 08:32

En Vigo temos a tradición de facer unha batalla de flores polas principais rúas da cidade na festividade dos maios. Por este motivo, na galescola decidimos facer a nosa particular batalla cas nosas crianzas. Primeiro desmenuzámolas e logo disfrutamos un montón lanzándoas ao aire simulando así a BATALLA DE FLORES!!!

Aqui tedes unha boa mostra do ben que o pasamos!!!

Os parrulos e as xoaniñas manipulamos fiuncho.

Escrito por calvario, o 28 Maio 2009 08:16

Seguindo coa celebración dos maios a clase dos parrulos e as xoaniñas xuntámonos para experimentar co fiuncho: tocámolo, olémolo e ata houbo algún que se atreveu a  degustalo!!!!!

Celebramos os maios.

Escrito por calvario, o 27 Maio 2009 08:37

Co motivo da celebración dos maios na galescola decidimos que tiñamos que facer algo especial. En todas as aulas as crianzas manipularon e xogaron con pampillos e fiuncho, fixeron un gran mural cos pétalos das flores e como remate final organizamos unha gran batalla de pétalos de flores. Tanto as crianzas como todo o persoal da escola disfrutaron moitísimo así que esperamos que vos guste.

OS GOLFIÑOS XOGAMOS CON FLORES E FIXEMOS UN MURAL.

A aula dos golfiños e os nenos da tarde xogamos cos pampllos lles quitamos os pétalos para facer un mural para decorar a nosa clase, e quedounos moi bonito!!!!