Anotacións coas etiquetas “Golfiños”

O ANIVERSARIO DE XOEL

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:22

O pasado venres, o noso amigo Xoel, da aula dos Golfiños estivo de aniversario, cumpliu 3 anos, e para celebralo, fixemos unha gran festa. Entre todas e todos, fixemos a coroa do homenaxeado, e Xoel trouxonos un regalo: coa súa mamá fixo un molinillo de vento con material de refugallo.

 Na festa, cantamos, bailamos e xogamos, sobre todo co molinillo novo.

 Moitisimas felicidades Xoel!!

IMOS DE EXCURSIÓN!

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:16

Enlazando cos temas que estábamos a traballar na Escola Infantil (as froitas e hortalizas, a alimentación), a aula dos Golfiños foise de excursión. Pero tratouse dunha saída moi especial, fomos de visita a unha froitería e ao Mercado do Calvario.
A media mañá, todas e todos nos preparamos para disfrutar dun día diferente. Agarrámonos á corda e fomos camiñando ata a froitería. Alí atopamos moitísimas froitas e hortalizas distintas; era impresionante ver todo aquilo.

Logo, seguimos camiñando ata o Mercado. Era moi grande e con todo tipo de tendas: carnicerías, charcuterías,… pero o que máis nos gustaron foron as peixeiras. Había peixes de todos os tamaños e cores. As peixeiras foron moi amables, ensináronnos os camaróns, as angulas e inclúso a boca dos peixes (unhas moi grandes e outras pequenas). Foi moi divertido!!

Moitísimas grazas á froitería e ás peixieras que nos deixaron visitalas!!

A HORTA DA GALESCOLA

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2009 19:04

 Coa chegada do bo tempo, na Escola Infantil decidimos que sería moi interesante crear a nosa propia horta, onde plantaríamos diferentes hortalizas que logo podería utilizar Mónica, a nosa cociñeira. Para iso, todas e todos puxémonos mans á obra.

Primeiro tocou preparar a terra. Sachamos a zona a utilizar e logo desfixemos os terróns e sacamos as pequenas pedras que atopamos. As crianzas estaban moi implicadas no traballo.

 A aula dos Parrulos foi a primeira en utilizar a horta, e plantaron unha preciosa azalea para darlle máis color e vida á nosa Escola Infantil.

Logo, a aula dos Golfiños foi a encargada de plantar os tomates, as leitugas e os pementos e ata Mónica se animou a axudarnos.

 Non é por presumir, pero quedounos unha horta moi xeitosa!! E agora, a regar todos os días un pouquiño, para que medren moito e poder comer os tomates, os pementos e as leitugas da Escola Infantil .

 

TRABALLANDO COAS FROITAS E AS HORTALIZAS

Escrito por calvario, o 30 Marzo 2009 18:53

Na galescola somos moi conscientes do importante que é que as crianzas coman de todo, por iso decidimos que durante toda unha semana, as nenas e os nenos traballasen con todo tipo de froitas e hortalizas, e aquí tedes o resultado!

Á aula dos Parrulos leváronse diferentes tipos de hortalizas para que elas e eles as manipulasen e, por suposto, as probasen. Estaban todas e todos moi atentas/os e interesadas/os. Ademais tamén tiveron tempo para manipular e plantar lentellas. Foi moi interesante observar coma medraban… E como traballar con tanta comida levanta a fame, tocounos realizar un rico batido de fresas, que despois compartimos coas/cos compañeiras/os do cole.

Na aula dos Golfiños tamén traballaron moito, recoñeceron diferentes froitas e hortalizas (o seu nome, a súa forma, a textura…). Manipuláronnas, experimentaron con elas e ata fixeron un mural no que estamparon con elas. Ao igual que a aula dos Parrulos, tamén plantaron unha lentella, actividade que lles gustou moito porque foi todo un descubrimento ver coma dunha pequena semente, medraba unha bonita e forte planta.

Aniversario de Nico

Escrito por calvario, o 25 Febreiro 2009 15:36

O pasado Xoves Nico cumpliu 3 aniños. Celebramos o seu aniversario cunha gran festa.

Moitos parabéns e que cumplas moitos mais.

O DÍA DA PAZ

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 17:48

Na Escola Infantil somos moi conscientes de que as crianzas son o futuro. Por iso, este ano o noso lema para o día da Paz foi: “Camiñando cara a Paz”, xa que todos xuntos podemos construír un futuro mellor.

Para celebralo, fixemos un enorme camiño no que as crianzas deixaron as súas pegadas…

E despois, pegámolo polo pasillo para que nais, pais, nenas e nenos fixéramos ese camiño simbólico cara a paz!

É inverno, que frío!

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 10:30

Logo do Nadal, na galescola puxémonos a descubrir cales eran as principais características do inverno e a experimentar co frío.

En Galicia o máis destacado é a choiva, e este ano choveu un montón! Por iso, a clase dos Golfiños, saíu ao patio a xogar cos paraugas e logo fixeron un enorme paraugas entre todas e todos.

Coma foi un ano de moito frío e neve, os Parrulos fixeron un gran boneco de neve. Aproveitaron para xogar coa pintura e con papel de seda.

E as Xoaniñas, fixeron un enorme mural para darlle a benvida ao inverno. Que ben o pasaron deixando as súas manciñas simulando a neve.

Pero sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a experiencia cos xeos… Primeiro, tinguimos a auga. Ás crianzas encantáballes ver como cambiaba de cor. Logo levamos os recipientes ao conxelador e ao día seguinte as/os nosas/os artistas adicáronse a pintar co xeo de distintas cores.

Sen dúbida, disfrutamos coma ananos!