Anotacións coas etiquetas “mural”

MURAL DO VERÁN

Escrito por calvario, o 23 Xullo 2010 09:17

As Tartarugas quixemos decorar a nosa aula con un mural que representara o verán. Ocurriúsenos pintar o fondo mariño; para o cal empregamos os rodillos que tanto nos gustan!!

Ó día seguinte plasmamos as pegadas dos nosos pés; facendo, así, peixiños! Aproveitamos para cantar a canción destes animais e a da Caracola Manola!!

E para finalizar manipulamos, cortamos e arrugamos papel de seda e celofán verde cómo facendo algas!! Quedounos algo abstracto pero moi chuli!! Podedes ver o resultado nas fotos: MIRADE, MIRADE!!

QUE BONITO É O VERÁN!!

OBRADOIROS NA PRIMAVERA

Escrito por calvario, o 14 Maio 2010 12:56

A partir do conto “ADIVIÑA CANTO TE QUERO” traballamos a primavera realizando un obradoiro de maquillaxe, outro de flores e un mural super alegre e divertido!!

A continuación podedes ver unha mostra do obradoiro de maquillaxe no cal algunhas crianzas non quixeron participar. Iso de “manchar” a cara non é de agrado para tod@s,…jeje!

O obradoiro de flores alegrou moito a aula de bebés!! Esa mañá toda a clase estaba alegremente decorada e ademáis olía xenial! Cantas flores había!! (no chan, nos cestos, nos espellos,…)

Ás crianzas costoulles comezar a manipulalas, parecía como se non se atreveran a tocalas pero pouco a pouco fóronse adentrando no obradoiro e puidemos observar como estimularon a través del todos os sentidos!!

Para realizar o bonito mural proporcionámoslle @s nen@s os rodillos cos que disfrutaron un montón! Unha vez realizado o fondo, nen@s e maiores plasmamos as nosas mans para realizar flores e bolboretas! Quedou superchulo coas fotos das nosas cariñas enriba!!

BENVIDA PRIMAVERA!!!

Xa chegou a Primavera!!!!!

Escrito por calvario, o 6 Maio 2009 08:17

Por fin chegou a Primavera e con ela o sol e o bo tempo, así que decidimos facer un mural cheo de cores para celebralo.

Mirade como traballamos.