Anotacións coas etiquetas “Obradoiros”
Escrito por calvario, o 31 Maio 2011 08:17
A EXPERIMENTAR
Escrito por calvario, o 27 Maio 2011 18:43
Este mes de Maio, na aula das Xirafas, dedicámonos a experimentar a través de obradoiros. Aprendemos conceptos e nocións básicas xogando. No primeiro obradoiro distribuímos material da natureza e refugallo e colocamos papel pegañento polas paredes e mesas. Foi moi interesante e divertido observar as súas reaccións!
No seguinte obradoiro as protagonistas eran as botellas. Cantas cousas se podían gardar nelas! Unhas pesaban moito, outras tiñan auga, pequenas , grandes,…que entretidos/as estivemos!!
OBRADOIRO DE FARIÑA
Escrito por calvario, o 18 Abril 2011 12:29
OBRADOIROS DE PINTURA
Escrito por calvario, o 7 Abril 2011 09:45
Para rematar o centro de interese das Artes Plásticas,tan motivador para as crianzas decidimos facer doús obradoiros de pintura.
No primeiro obradoiro ofrecémoslle distintos materiais da natureza e de refugallo e deixamos que libremente exploraran as súas características. Logo démoslle un pincel e a pintar!!
Como xa pintáramos con témpera decidimos probar que tal se pinta con….. CHOCOLATE!! A verdade é que bonito non sei se quedou pero ten un cheiriño máis ricooooo!!
PINTURA CORPORAL E OBRADOIRO DE GALLETAS
Escrito por calvario, o 30 Marzo 2011 07:58
As Xirafas seguimos experimentando coa pintura, esta vez no obradoiro de pintura corporal o noso corpo convertiuse nun fermoso lenzo. Desfrutamos un montón e a nosa pel quedou tan suave coa cremiña!! iso sí un bañino non lles vai vir mal!!
Queremos transmitirlles as nosas crianzas que calquera elemento ou obxeto e bó para pintar e crear arte. Para iso cambiamos o papel por outro material, neste caso galletas, pintamos con distintos colorantes alimenticios e logo papámolas!!!mmmmnnn!!que ricas!!
ESTIMULANDO OS SENTIDOS
Escrito por calvario, o 6 Decembro 2010 20:03
A partir do Gran Obradoiro dos Sentidos, fomos traballando e centrándonos en cada un deles para estimulalos máis concretamente.
Comezamos facendo un pequeno Obradoiro do Gusto e Olfato no que as mestras puxeron á disposición dos Colibrís distintos alimentos e esencias para que probasen e cheirasen. Foi moi divertido ver as distintas caras según as sensacións que lle probocaban. E que non era o mesmo probar o sal que o azucre, je! Ou o limón que o chocolate!! Respeto ás esencias tamén aqui houbo malas e boas caras: o cheiro a colonia, vainilla,.. gustoulles moito pero o de allo, por exemplo, producía neles bastante rechazo! Só hai que observar as súas expresións!! OLLADE, OLLADE:
Outro día fixemos o Obradoiro de Luz/Oscuridade coa intención de estimular a vista. Cada nen@ trouxo da súa casa unha lanterna para poder levar a cabo esta experiencia. Pasárono pipa na aula de elefantes toda oscura. Xurdiron varias respostas interesantes d@s nen@s ante esta actividade: perseguían e intentaban pisar a luz que se reflexaba no chan, “buscáronse a vida” entre tod@s para alumbrar os paneis das fotos d@s compañeir@s da mañá e poder así xogar con elas, metían as lanternas na boca, entre as mans e aparecía todo vermello!!, utilizaron as lanternas como teléfonos,… Aínda que as fotos son bastante tétricas, ahí vai unha mostra:
O sentido do oído non podía ser menos así que unha tarde dispuxémonos a formar entre tod@s unha pequena orquesta!! Xogamos ao xogo de ruido/silencio, cantamos varias cancións á vez que tocábamos os instrumentos musicais,….pasando así a tarde envolt@s de ruidosas melodías!!!
Éstas foron as experiencias máis importantes do mes de novembro, entre outras moitas. Agora en Decembro toca traballar os Xoguetes e o Nadal!! Xa vos iremos contando o ben que o imos pasando coas actividades que teñen programadas as nosas mestras!! FELIZ PONTE!!!
OBRADOIRO DE MILLO.
Escrito por calvario, o 18 Novembro 2010 19:38
Como en anos anteriores aproveitamos productos da natureza e da terra para facer un dos obradoiros que máis chama a atención dos nenos e das nenas, o obradoiro de millo.
Moitos de eles e elas non viran nunca uns grans de millo e eso fixo que puxeran moitísimo interese, outros en cambio estaban acostumados a axudarlle os seus avós a debullalo e ainda así disfrutaron moitísimo quitando os grans, pasándoos polos embudos, meténdoos nos botes e caixas…
Só tendes que verlles as caras para ver o ben que o pasaron, incluso a máis pequecha da aula, axudada polos seus compañeiros/as,disfrutou con esta actividade.
Mirade, mirade…
O SAMAÍN
Escrito por calvario, o 4 Novembro 2010 08:45
Coma tódolos anos o obradoiro de deseño de cabazas do Samaín foi todo un éxito. As familias traballaron un montón e con moito cariño deseñando unhas cabazas moi orixinais e divertidas. As/os nenas/os o pasaron en grande manipulando as cabazas e decorándoas con papeis de cores para que quedaran moi bonitas.
Quedounos unha exposición de cabazas marabillosa.
Moitísimas grazas a tódalas familias pola vosa participación, esperamos que o proximo obradoiro sexa tan exitoso coma este.
O OUTONO NA AULA DAS TARTARUGAS
Escrito por calvario, o 27 Outubro 2010 19:23
As/Os máis pequenas/os do cole, a aula das tartarugas, xa comezaron a traballar por obradoiros!
Nesta ocasión, encheron a aula de follas secas para experimentar con elas e manipulalas. Estaban do máis concentradas/os coas diferentes formas e texturas. Disfrutaron moitísimo co novo entorno da aula: Ollade que investigadoras/es!


















