Anotacións coas etiquetas “parrulos”
Escrito por calvario, o 11 Marzo 2009 16:44
O DÍA DA PAZ
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 17:48
Na Escola Infantil somos moi conscientes de que as crianzas son o futuro. Por iso, este ano o noso lema para o día da Paz foi: “Camiñando cara a Paz”, xa que todos xuntos podemos construír un futuro mellor.
Para celebralo, fixemos un enorme camiño no que as crianzas deixaron as súas pegadas…

E despois, pegámolo polo pasillo para que nais, pais, nenas e nenos fixéramos ese camiño simbólico cara a paz!

É inverno, que frío!
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 10:30
Logo do Nadal, na galescola puxémonos a descubrir cales eran as principais características do inverno e a experimentar co frío.
En Galicia o máis destacado é a choiva, e este ano choveu un montón! Por iso, a clase dos Golfiños, saíu ao patio a xogar cos paraugas e logo fixeron un enorme paraugas entre todas e todos.

Coma foi un ano de moito frío e neve, os Parrulos fixeron un gran boneco de neve. Aproveitaron para xogar coa pintura e con papel de seda.

E as Xoaniñas, fixeron un enorme mural para darlle a benvida ao inverno. Que ben o pasaron deixando as súas manciñas simulando a neve.
Pero sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a experiencia cos xeos… Primeiro, tinguimos a auga. Ás crianzas encantáballes ver como cambiaba de cor. Logo levamos os recipientes ao conxelador e ao día seguinte as/os nosas/os artistas adicáronse a pintar co xeo de distintas cores.
Sen dúbida, disfrutamos coma ananos!



