A RECICLAR
Escrito por calvario, o 2 Xullo 2010 11:08
Con motivo do día do Medio Ambiente na aula d@s Elefantes adicamos o mes de Xuño a reciclaxe. Aprendemos a clasificar papel, plástico e vidro. O principio custounos un pouquiño distinguir as cores dacordo con cada tipo de material pero pouco a pouco e con moito interese conseguímolo!!
Tamén aprendemos que con material de desfeito e imaxinación se pode crear un xoguete divertido e orixinal, mirade que interese poñemos para que quede ben bonito!!

Estivemos moi entretidos cos nosos prismáticos, xogamos con eles no xardín e ata observamos o conto en clase, cantas cores!!




