Anotacións coas etiquetas “Tartarugas”

UN LÍO DE……..SPAGHETTIS!!

Escrito por calvario, o 16 Maio 2012 15:54

Esta semana as Tartarugas manipulamos pasta, tiñamos spaghettis cruos e outros xa cociñados.Descubrimos que algúns estaban frios e pegañentos, outros duros, uns ricos e outros non tanto je je!!

Gustounos moito experimentar con eles e descubrir todas as súas características e posibilidades de xogo.

CHOCOLATADA!!

Escrito por calvario, o 7 Maio 2012 14:01

Na aula das Tartarugas desfrutamos un montón manipulando chocolate, pintamos en papel e no noso propio corpo e tamén, como non, comemos un pouquiño, que rico je je!!

BATALLA DE FLORES

Escrito por calvario, o 7 Maio 2012 09:24

Chegou un novo mes e con el os MAIOS!! Por iso no cole, como cada ano, preparamos a nosa batalla de flores!!

Todas as crianzas colaboraron e trouxeron flores da casa. Logo fomos quitándolle os pétalos: que bonita estaba a cesta con tantas cores!

Para finalizar, lanzamos os pétalos e… que ben o pasamos!

CANTAS CAIXAS!!

Escrito por calvario, o 7 Marzo 2012 17:13

Na aula das Tartarugas xogamos a agocharnos en caixas grandes de cartón, tamén gardamos cousas nelas e pechamolas e abrimolas unha e outra vez, que divertido!!

DESFILE DE ENTROIDO

Escrito por calvario, o 21 Febreiro 2012 09:56

O pasado venres, as nenas e os nenos da escola saímos a desfilar polo Calvario!

Despois de confeccionar o noso disfrace, puxémonos moi guapas e guapos para a ocasión…

Pola mañá, moi cediño, chegamos ó cole para prepararnos e logo marchamos de paseo pola peonil para que todo o mundo vira que pingüíns tan fermosos chegaran a Vigo.

Pasámolo moi, moi ben e aquí vos deixamos un pequeno recordo deste gran día:

Tamén queremos mandarlle unha gran aperta ás voluntarias tan guapas que nos acompañaron neste gran día!! Moitos biquiños e moitas grazas para todas!!

MECO

Escrito por calvario, o 14 Febreiro 2012 18:40

Atendendo ó Meco, hoxe todas e todos viñemos vestidas/os ó cole de cor vermello!! Mirade que ben estábamos:

E para mañá: O MÉRCORES UN ARCO DA VELLA SEMELLARÁS, E AS TÚAS UNLLAS E O CORPO DE CORES PORÁS!

CHEGA O MECO

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2012 19:11

Un ano máis, na escola dámoslle á benvida ó entroido co noso “Boneco Meco”.

Este pecualiar persoaxe, cada día pensa unha nova falcatruada… e témoslle que facer caso!!

Para hoxe pensou: O luns por ser o primeiro día da semana, viremos todas e todos en pixama! Mirade que guapas e guapos:

E para o martes: As nenas e os nenos de vermello se vestirán, e o amor na escola repartirán!

Día da Paz

Escrito por calvario, o 6 Febreiro 2012 14:25

O pasado día 30 de xaneiro, na escola festexamos o Día da Paz e todas/os xuntas/os cantamos:

“Non queremos guerras neste mundo por favor,

que todo o planeta viva unido no amor.

Brancos, negros, amarelos todas/os nunha cor,

todas/os nunha piña sen pelexas, sen rencor.”

Oxalá que pronto festexemos que non hai ningunha guerra no mundo!

PARABÉNS INGRID!!

Escrito por calvario, o 26 Xaneiro 2012 16:06

Esta semana festexamos o aniversario da nosa pequena Ingrid, xa ten 1 aniño!! soprou a tarta e luciu a súa fermosa coroa, parabéns !!

BOLSAS VISCOSAS!!

Escrito por calvario, o 18 Xaneiro 2012 17:05

Na aula das Tartarugas esta semana manipulamos unhas bolsas que contiñan distintos materiais, iso si todas elas un pouco viscosas. Sentimos unha extraña sensación pois, algunhas estaban frías, outras pesaban,derretíanse…