Anotacións coas etiquetas “Tartarugas”
Escrito por calvario, o 13 Xaneiro 2012 15:26
Na aula das Tartarugas estivemos de celebración, Nerea e Brais xa teñen 1 aniño!!
Para celebralo sopraron a vela e luciron a súa coroa, hoxe é o voso día!! PARABÉNS!!


Etiquetas:Aniversarios, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:36
Para despedir o ano, na escola decidimos celebrar unha gran festa, por iso vestímonos de gala e preparámonos para pasalo en grande: tomamos as uvas da sorte, bailamos, cantamos e para rematar… desfrutamos dun riquísimo chocolate con churros!! Que rico estaba!
Todo o equipo quere desexarvos un moi feliz 2012 no que todos os vosos desexos se fagan realidade!

Etiquetas:Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27
Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.
Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.
Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!



Etiquetas:Elefantes, Familias, obradoiro, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Entroido, Familias, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 30 Novembro 2011 17:02
Como lles gusta as Tartarugas xogar coas lanternas, alumean cara ó chan, a súa cariña,… tamén desfrutan observando as cores na mesa de luz, que bonitas!!
As veces quedamos a escuras, non vemos nada jeje!!


Etiquetas:experiencias, Obradoiros, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 25 Novembro 2011 11:42
Hoxe as Tartarugas participaron no Obradoiro de papel, manipularon, racharon, e observaron as diferenzas duns a outros. Tiñamos moita variedade, papel de lixa, hixiénico, de celofán, periódico….foi moi divertido!!

Etiquetas:Obradoiros, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 23 Novembro 2011 16:36
A aula das tartarugas foi invadida por milleiros de globos, uns máis pesados, outros con son, con auga…que sorpresa levamos!!

Xogando cos globos exploramos o espacio,despertamos a curiosidade e o máis importante pasámolo en grande!!
Ademais ata tivemos sorte, non explotou ningún je je!!

Etiquetas:Experimentación, obradoiro, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 8 Novembro 2011 11:04
Na aula das Tartarugas démoslle a benvida o Outono cun divertido obradoiro no que as crianzas manipularon os elementos propios desta estación; follas secas, piñas, castañas, cabazas, noces…
As crianzas experimentaron co material da natureza e o máis importante pasárono moi ben!!


Etiquetas:Experimentación, obradoiro, Outono, Tartarugas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 7 Novembro 2011 08:39
Un ano máis, para festexar ó Samaín por todo o alto, a nosa escola organizou un obradoiro de deseño de cabazas coas familias.
Coma cada curso, as mamás e os papás acudiron ó centro para agasallarnos con sonrisas, coa súa compañía e con estupendas cabazas, cada unha máis orixinal e divertida.
Ó rematar, fixemos unha exposición para que todas e todos as poidésemos admirar!!
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!!

Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Familias, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Familias, Obradoiros, Tradicións, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 2 Novembro 2011 11:12
Á atención das familias;
Xa tedes á vosa disposición os menús do mes de novembro.
batedor
enteiro
Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Menús, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Familias, Menús, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »