Anotacións coas etiquetas “verán”
Escrito por calvario, o 13 Xullo 2011 06:55
Como as Xirafas estamos aburridas deste tempo tan pouco estival decidimos pintar un gran sol para alegrar a nosa escola e sentir que chegou o verán!! Por que chegou non? je je

Etiquetas:verán, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 23 Xullo 2010 09:17
As Tartarugas quixemos decorar a nosa aula con un mural que representara o verán. Ocurriúsenos pintar o fondo mariño; para o cal empregamos os rodillos que tanto nos gustan!!
Ó día seguinte plasmamos as pegadas dos nosos pés; facendo, así, peixiños! Aproveitamos para cantar a canción destes animais e a da Caracola Manola!!
E para finalizar manipulamos, cortamos e arrugamos papel de seda e celofán verde cómo facendo algas!! Quedounos algo abstracto pero moi chuli!! Podedes ver o resultado nas fotos: MIRADE, MIRADE!!
Etiquetas:mural, Tartarugas, verán
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 25 Xuño 2010 16:59
Con motivo da chegada do desexado verán, o grupo da tarde decidimos facer un mural para darlle a benvida a esta estación como se merece. Fixemos un sol e unha praia peneirando enriba do mural con cola, area do noso areeiro, despois pintamos o mar e pegamoslle gomets para facer peixiños.
Quedounos moi bonito, por iso o pegamos na entrada da escola para que todo o mundo se enterase de que o verán xa está aqui!!!!!!!

Etiquetas:verán
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »