Escrito por calvario, o 25 Xaneiro 2012 17:51
Na aula das xirafas, para experimentar a sensación de frío, decidimos facer un dos obradoiros que mais lles gusta as nosas crianzas, o obradoiro de xeos.
Primeiro tinximos a auga con colorante alimenticio, despois, a metemos en bolsas para facer cubiños de xeo e a metemos no conxelador, e o día seguinte cando a auga xa se converteu en xeo, pintamos con eles e experimentamos o frío.
Para rematar e recuperar o calorciño nas nosas mans, as metemos en auga quentiña e tamén metemos os xeos para mirar como se derretían.
Mirade que ben o pasamos, incluso algúnha crianza atreveuse a comer estes xeos, co frios que estaban!!!

Etiquetas:xeos
Publicado en Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 11 Febreiro 2011 19:36
Os Colibrís realizamos un Obradoiro de Xeos co que pasamos moito, moito frío, brrrrrr!!!!
Primeiro tivemos que tinguir a auga con colorante alimenticio. Tod@s os nen@s colaboraron para dar ese toque de cor a auga!! Que divertido e que sorpresa, parecía como se estivésemos facendo un truco de maxía!! Logo tocou levar as bolsas dos xeos ó conxelador.

Ó día seguinte comprobamos o que pasara coa auga,…. ¡ESTABA TOTALMENTE CONXELADA!
Xogamos cos xeos, escapábansenos das mans, jejejeje! E o mellor de todo é que podíamos pintar con eles e facer así bonitas obras de arte!!! As mans quedábansenos requetefrías pero non nos importaba en absoluto,… co ben que o estábamos pasando dábanos todo igual!! PROFES, QUEREMOS REPETIR!!

Etiquetas:xeos
Publicado en colibrís | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 30 Xuño 2010 12:42
Outra das actividades refrescantes coa chegada do desexado bo tempo foi o obradoiro de xeos tinguidos.
Tras tinguir auga con colorante vermello e conxelala; as “Tartarugas” dispuxéronse a experimentar a sensación de frío, a desconxelación dos xeos,… e de paso a coloración que deixaban éstos nas cartolinas.

Etiquetas:obradoiro, Tartarugas, xeos
Publicado en curso 2009/2010 | Non hai comentarios »