Anotacións coas etiquetas “Xirafas”
Escrito por calvario, o 7 Maio 2012 09:24
Chegou un novo mes e con el os MAIOS!! Por iso no cole, como cada ano, preparamos a nosa batalla de flores!!
Todas as crianzas colaboraron e trouxeron flores da casa. Logo fomos quitándolle os pétalos: que bonita estaba a cesta con tantas cores!

Para finalizar, lanzamos os pétalos e… que ben o pasamos!

Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Familias, festas, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Celebracións, Elefantes, Familias, Tartarugas, Xirafas | 1 Comentario »
Escrito por calvario, o 21 Febreiro 2012 09:56
O pasado venres, as nenas e os nenos da escola saímos a desfilar polo Calvario!
Despois de confeccionar o noso disfrace, puxémonos moi guapas e guapos para a ocasión…
Pola mañá, moi cediño, chegamos ó cole para prepararnos e logo marchamos de paseo pola peonil para que todo o mundo vira que pingüíns tan fermosos chegaran a Vigo.
Pasámolo moi, moi ben e aquí vos deixamos un pequeno recordo deste gran día:




Tamén queremos mandarlle unha gran aperta ás voluntarias tan guapas que nos acompañaron neste gran día!! Moitos biquiños e moitas grazas para todas!!
Etiquetas:Bolboretas, Desfile, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 14 Febreiro 2012 18:40
Atendendo ó Meco, hoxe todas e todos viñemos vestidas/os ó cole de cor vermello!! Mirade que ben estábamos:

E para mañá: O MÉRCORES UN ARCO DA VELLA SEMELLARÁS, E AS TÚAS UNLLAS E O CORPO DE CORES PORÁS!
Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Entroido, meco, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas, meco | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2012 19:11
Un ano máis, na escola dámoslle á benvida ó entroido co noso “Boneco Meco”.
Este pecualiar persoaxe, cada día pensa unha nova falcatruada… e témoslle que facer caso!!
Para hoxe pensou: O luns por ser o primeiro día da semana, viremos todas e todos en pixama! Mirade que guapas e guapos:

E para o martes: As nenas e os nenos de vermello se vestirán, e o amor na escola repartirán!
Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Entroido, meco, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Entroido, Tartarugas, Xirafas, meco | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 6 Febreiro 2012 14:25
O pasado día 30 de xaneiro, na escola festexamos o Día da Paz e todas/os xuntas/os cantamos:
“Non queremos guerras neste mundo por favor,
que todo o planeta viva unido no amor.
Brancos, negros, amarelos todas/os nunha cor,
todas/os nunha piña sen pelexas, sen rencor.”

Oxalá que pronto festexemos que non hai ningunha guerra no mundo!
Etiquetas:Bolboretas, Celebracións, Elefantes, Paz, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 10 Xaneiro 2012 17:36
Para despedir o ano, na escola decidimos celebrar unha gran festa, por iso vestímonos de gala e preparámonos para pasalo en grande: tomamos as uvas da sorte, bailamos, cantamos e para rematar… desfrutamos dun riquísimo chocolate con churros!! Que rico estaba!
Todo o equipo quere desexarvos un moi feliz 2012 no que todos os vosos desexos se fagan realidade!

Etiquetas:Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Celebracións, Elefantes, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 27 Decembro 2011 15:27
Dentro das actividades programadas para o nadal, un ano máis na escola levamos a cabo un obradoiro de xoguetes con material de refugallo. Os obxectivos principais desta actividade son, por un lado, pasar un bo rato na compaña das familias, e polo outro comprobar que moitos obxectos do cotiá poder convertirse nun gran xoguete para as/os nosas/os pequenas/os.
Para iso, cada aula buscou un xoguete para deseñar coas familias. A aula das tartarugas elexiu un encaixable con botellas con diferentes materias no seu interior; a aula das xirafas un tambor e a aula dos elefantes un tren.
Ó rematar a xornada, cada crianza marchou para a súa casa cos seus novos xoguetes, que tiñan un valor engadido ó facelos coa axuda das súas familias!



Etiquetas:Elefantes, Familias, obradoiro, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Entroido, Familias, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 18 Novembro 2011 16:25
A pasada semana, na escola celebramos “O MAGOSTO”. Para iso, recibimos a visita dunha castañeira que nos trouxo castañas asadas e cocidas!! Que ricas estaban!! Para rematar, xogamos, cantamos e bailamos festexando un ano máis o magosto!!

Etiquetas:Elefantes, festas, Xirafas
Publicado en Celebracións, Elefantes, Familias, Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 7 Novembro 2011 08:39
Un ano máis, para festexar ó Samaín por todo o alto, a nosa escola organizou un obradoiro de deseño de cabazas coas familias.
Coma cada curso, as mamás e os papás acudiron ó centro para agasallarnos con sonrisas, coa súa compañía e con estupendas cabazas, cada unha máis orixinal e divertida.
Ó rematar, fixemos unha exposición para que todas e todos as poidésemos admirar!!
Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración!!

Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Familias, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Familias, Obradoiros, Tradicións, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 2 Novembro 2011 11:12
Á atención das familias;
Xa tedes á vosa disposición os menús do mes de novembro.
batedor
enteiro
Etiquetas:Bolboretas, Elefantes, Menús, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Bolboretas, Elefantes, Familias, Menús, Tartarugas, Xirafas | Non hai comentarios »