Anotacións coas etiquetas “Xirafas”
Escrito por calvario, o 5 Agosto 2011 07:18
Esta semana repetimos o obradoiro que tanto lles gusta de teas e lás, as crianzas deixan voar a súa imaxinación e convertense en pantasmas, improvisad@s modist@s, poñen os manteis, ….
Coas lás fanse un lío e a algunha crianza tivemos que rescatala je je!!!


Etiquetas:Elefantes, Obradoiros, Tartarugas, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 13 Xullo 2011 06:55
Como as Xirafas estamos aburridas deste tempo tan pouco estival decidimos pintar un gran sol para alegrar a nosa escola e sentir que chegou o verán!! Por que chegou non? je je

Etiquetas:verán, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 28 Xuño 2011 07:13
Na aula das xirafas fixemos un obradoiro de legumes,as crianzas exploraron o material e xogaron coas culleres e a facer trasvases, que ben o pasamos!!


Ademais, entre outras actividades tamén coidamos do medio natural saindo a regar a nosa hortiña e preparamos a ensalada para o xantar,botamos a cenoura, o millo, queixo… que divertido, cantas cores!!
Etiquetas:Obradoiros, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 22 Xuño 2011 20:42
Na aula das Xirafas fixemos varios obradoiros de observación e degustación, no primeiro as crianzas manipulaban diversas hortalizas que chamaron moito a súa atención e despertaron a súa curiosidade: forma,cor, tamaño,olor….

No seguinte obradoiro ofrecémoslle froitas coas que non soen estar en contacto ou comer tan a miúdo, sorprendéronlle e disfrutaron moito manipulandoas e saboreándoas, unhas gustaban máis ca outras je je

Tamén fixemos un rico batido de fresas, quitámos a folliña verde, botamos o leite, azucre e por suposto as saborosas fresas!! que rico!!

Etiquetas:experiencias, Obradoiro de cociña, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 10 Xuño 2011 07:15
Este mes de Xuño na aula das Xirafas estamos facendo actividades relacionadas co medio natural. Comezamos plantando unha semente e cada día observamos a súa evolución. Como medra!!

Tamén tivemos unha sorpresa! ¿A que non sabedes quen nos visitou? Pois doús coelliños!! Xogamos con eles, comer on cenouras, beberon auga….coidámolos moi ben para que veñan outro día a escola!!

Gracias pola sorpresa Marga!!
Etiquetas:experiencias, Visitas, Xirafas
Publicado en Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 31 Maio 2011 08:17
Na aula das Xirafas seguimos explorando.Esta vez con xeos que dentro agochan cousas sorprendentes. Como foron parar alí macarróns, flores, fíos, pedras…? Que misterio!!
Se queremos coller o que ten dentro temos que introducilos na auga, agardar e ….tatatachán!! As cousas liberanse!! Isto fainos reflexionar, investigar…que interesante!!

Para divertirnos outro pouquiño pedímoslle as familias que nos aportaran lanternas. Que se apaguen as luces e empeze o xogo!! Fixemos sombras, alumeamos aos demais…

Ás crianzas encántalles a auga así que realizamos outro obradoiro neste medio. Esta vez con teas,. Tardaron un pouquiño en animarse a mollalas pero logo non podían parar!! Uff, canto pesan agora! E se a apreto ¿qué pasa? A explorar!!

Etiquetas:Experimentación, Obradoiros, Xirafas
Publicado en Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 12 Maio 2011 19:47
Na aula das Xirafas rematamos o centro de interese dos contos coa historia do pitiño Cocorico: escoitamos o conto, cantamos e bailamos a súa canción e pintamos os seús personaxes!!

Ó igual que Cocorico e a súa nai: peneiramos a fariña, escachamos os ovos, batemos todo e fixemos un biscoito ENORMEEEE!!

Etiquetas:mes dos contos, Obradoiro de cociña, Xirafas
Publicado en Obradoiros, Xirafas | 2 Comentarios »
Escrito por calvario, o 18 Abril 2011 12:29
O centro de interese neste mes de Abril son os contos e de ahí xorden as actividades. A semana pasada escoitamos “Os sete cabritiños” e que mellor que recrear o que fixo o lobo coa fariña! Él botouna nas patiñas, nós en algún sitio máis pero…foi moi divertido!!

Etiquetas:experiencias, fariña, Obradoiros, os sete cabritiños, Xirafas
Publicado en Xirafas | Non hai comentarios »
Escrito por calvario, o 15 Abril 2011 07:35
Na aula das Xirafas tivemos de aniversario a Yaira, soprou as velas rodeada dos seus compañeiros/as que alegremente lle cantaban ” parabéns para ti…”. Xusto coincidiu co obradoiro de fariña e mirade que guapa coa súa coroa!!

Etiquetas:Aniversarios, Xirafas
Publicado en Sen clasificar, Xirafas | Non hai comentarios »