Anotacións coas etiquetas “Xoaniñas”

OBRADOIROS DE VERÁN

Escrito por calvario, o 6 Agosto 2009 14:54

Durante o mes de Xullo adicámonos a facer moitos e diversos obradoiros. Aquí tendes unha mostra deles:

  • Obradoiro de cociña: Todas e todos colaboramos para elaborar unha sobremesa moi especial: unha “tarta de galletas”. Estaba riquísima!
  • Obradoiro de fariña e colorante alimenticio: As crianzas experimentaron con diferentes estados da fariña: primeiro seca e logo engadímoslle o colorante. Coa masa resultante puideron manipulala, comela, estirala,… Foi a mellor plastilina posible!
  • Obradoiro de pintura: Presentámolle diferentes obxectos (pinceis, esponxas,…) e cores para que as crianzas deran renda solta á súa creatividade. Fixeron unhas obras de arte chulísimas!
  • Obradoiro de fariña: Cando todas e todos descubriron os montóns de fariña, a súa primeira reacción foi desfacelos e unha vez estivo por todo o chan, comezaron a facer trazos, montóns… é dicir, construíron o seu propio mundo en base aos seus intereses.
  • Obradoiro de auga: Sen dúbida o obradoiro estrela do verán é este, xa que nenas e nenos disfrutan moitísimo experimentando coa auga, trasvasando e chapoteando.
  • Obradoiro de pasta: Primeira sesión deste obradoiro no que comprobamos que ao principio as crianzas adicábanse a comer a pasta, pero pouco a pouco animáronse a manipulala e descubrir todas as posibilidades que lles ofrece.

E agora, só queda disfrutar coas imaxes! Esperamos que vos gusten!!!

blog-actv-veran

 

OBRADOIRO DE XELATINA

Escrito por calvario, o 28 Xullo 2009 13:20

Coa chegada do verán, na Escola Infantil realizamos un apetitoso obradoiro de xelatina!

Presentámoslle ás crianzas diversos sabores de xelatinas, para que elas e eles experimentaran con ela, para que a probasen, a manipulasen e comprobasen todas as posibilidades que lles ofrecía. Primeiro deixamos que exprimentasen libremente e coas mans…

Logo introducimos diferentes utensilios para que continuasen explorando…

Cando remataron a actividade tocaba lavarse, e que mellor forma que todas e todos xuntos na mesa de auga. Disfrutaron un montonazo!!

Esta actividade tivo moito éxito porque as crianzas foron totalmente libres á hora de experimentar. Comprobamos ademais que nenas e nenos que eran reacias/os a tocar a xelatina coas mans, unha vez que se lle presentaban os distintos obxectos, non tiñan reparos en participar. Alegrámonos moito de que disfrutasen tanto!

Logo

UNHAS VISITAS MOI ESPECIAIS…

Escrito por calvario, o 16 Xullo 2009 10:16

Na galescola tivemos unhas visitas moi especiais. A tartaruga Leo e unha parella de parrulos viñeron de visita!

A tartaruga Leo primeiro visitou ás Xoaniñas e aos Parrulos. Tivemos reaccións de todo tipo! A continuación foron á aula dos Golfiños, que disfrutaron moitísimo con ela.

Noutra ocasión, visitaronnos unha parella de parruliños, eran tan bonitos!! As nenas e os nenos da galescola querían collelos, abrazalos, darlles de comer,…

 

Luz e Escuridade

Escrito por calvario, o 30 Xuño 2009 15:12

No mes de Xuño, na aula das Xoaniñas, traballamos a luz e a escuridade. Fixemos moitas actividades, nos agochamos baixo sábanas, xogamos a pita coa luz apagada, xogamos con lanternas, en fin o pasamos xenial. Aquí tedes unha mostra do xogo con lanternas.

Como actividade final decidimos pintar sobre o panel de luz. Foi moi divertido e as xoaniñas disfrutaron moito xa que era a primeira vez que pintaban sobre outro material sen ser papel. Mirade que ben o pasaron.

¡Como medran as Xoaniñas!

Escrito por calvario, o 23 Xuño 2009 10:33

Na aula das Xoaniñas xa son moi maiores. Mario comezou a dar os seus primeiros pasiños, e Antía xa camiña soa. Aquí tedes unha boa mostra delo.

OS INSTRUMENTOS

Escrito por calvario, o 5 Xuño 2009 16:01

    Na aula das Xoaniñas traballaron no mes de Maio os instrumentos, pasárono moi ben manipulando e escoitando os distintos sons que producían. Logo elaboraron unha maraca coa que tocar na casa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   Tamén nos deu tempo a facer un marco para a foto da nosa familia, que bonito!

 

Sara xa ten un aniño!!!!

Escrito por calvario, o 2 Xuño 2009 09:14

O pasado mes de Maio Sara, da aula das xoaniñas cumpliu o seu primeiro aniño. Celebramos unha gran festa con todolos/as nenos/as da Escola Infantil, pasámolo xenial.

Moitos parabéns Sara, e que cumplas moitos mais!

Benvido Michel!!!!

Escrito por calvario, o 7 Maio 2009 10:28

O mes pasado, na aula de Xoaniñas entrou un rapaz novo. Chámase Michel, e vai a estar con nos ata final de curso. Adaptouse de maravilla e xa fixo moitos amiguiños.

Esperamos que se sinta coma na sua casa.

Un bico moi forte Michel.

Parabéns Leire!

Escrito por calvario, o 6 Maio 2009 08:05

O pasado mes de Abril Leire da aula das Xoaniñas cumpliu o seu primeiro aniño. Convidounos a unha rica tarta e celebramos unha gran festa.

Desexamoste moitos parabéns Leire!!!!

A semana do pan

Escrito por calvario, o 24 Abril 2009 16:22

   Para seguir cos diferentes oficios, esta semana convertímonos en panadeiros, un oficio tan importante antes coma agora. Pero nesta ocasión contamos cunha colaboración moi especial. A nai de Alan, da aula das Xoaniñas, traballa nunha panadería e ela e un panadeiro viñeron á galescola a amosarnos que divertido era facer pan e magdalenas.

     Primeiro preparamos a sala de usos múltiples para esta visita tan importante e despois de que se presentaran, comezamos a traballar coa fariña.

     Logo, o panadeiro amosounos como se preparaba a masa e repartiunos un poco de masa a cada un de nós. Cada nena e neno manipulou a masa, descubrindo o importante que era ter moita fariña na mesa e nas mans para que non se nos pegase!!! As crianzas probaron o rica que estaba e despois déronlle forma para metela no forno.

obradoiro-pan

Ademais, a nai de Alan tamén nos trouxo a masa das magdalenas, que estaba boísima!!! Todas e todos colaboramos con ela para facelas e finalmente, todo para o forno.

madalenas  

 Ese día, o pan e o postre estivo máis rico que nunca!!

E só nos queda dicir: MOITÍSIMAS GRAZAS CATHERINE.