Anotacións coas etiquetas “Xoaniñas”

A CESTA DOS TESOUROS

Escrito por calvario, o 31 Marzo 2009 19:19

     Na aula das Xoaniñas, teñen unha cesta moi especial, coñecida coma “Cesta dos tesouros”. Trátase dunha actividade de exploración, na que temos un cesto de mimbre cheo de obxectos de uso cotiá, escollidos para proporcionar estímulos e propiciar o descubrimento e o desenvolvemento dos sentidos. Ás nenas e nenos encántalles, só hai que comprobalo…

O ANIVERSARIO DE DANIELA

Escrito por calvario, o 16 Febreiro 2009 15:48

Daniela, da aula das Xoaniñas, Xa ten 1 aniño!!

O pasado venres, aproveitando o bo tempo, saímos ao patio a celebrar o seu aniversario. Pasámolo en grande, cantámoslle Parabéns para ti e Daniela soprou a súa vela coma unha campiona. Mirade como disfrutamos!!

O DÍA DA PAZ

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 17:48

Na Escola Infantil somos moi conscientes de que as crianzas son o futuro. Por iso, este ano o noso lema para o día da Paz foi: “Camiñando cara a Paz”, xa que todos xuntos podemos construír un futuro mellor.

Para celebralo, fixemos un enorme camiño no que as crianzas deixaron as súas pegadas…

E despois, pegámolo polo pasillo para que nais, pais, nenas e nenos fixéramos ese camiño simbólico cara a paz!

É inverno, que frío!

Escrito por calvario, o 13 Febreiro 2009 10:30

Logo do Nadal, na galescola puxémonos a descubrir cales eran as principais características do inverno e a experimentar co frío.

En Galicia o máis destacado é a choiva, e este ano choveu un montón! Por iso, a clase dos Golfiños, saíu ao patio a xogar cos paraugas e logo fixeron un enorme paraugas entre todas e todos.

Coma foi un ano de moito frío e neve, os Parrulos fixeron un gran boneco de neve. Aproveitaron para xogar coa pintura e con papel de seda.

E as Xoaniñas, fixeron un enorme mural para darlle a benvida ao inverno. Que ben o pasaron deixando as súas manciñas simulando a neve.

Pero sen dúbida, a actividade que máis lles gustou foi a experiencia cos xeos… Primeiro, tinguimos a auga. Ás crianzas encantáballes ver como cambiaba de cor. Logo levamos os recipientes ao conxelador e ao día seguinte as/os nosas/os artistas adicáronse a pintar co xeo de distintas cores.

Sen dúbida, disfrutamos coma ananos!