Somos atletas!
Escrito por Equipo Educativo, o 21 Xaneiro 2012 00:10
Ola familias!
Antes de nada pedir desculpas polo retraso no blogue, e aproveitar para desexarlle a Nati que se recupere pronto que a botamos de menos.
Queredes ver como debuxaron o que lle trouxeron os Reis Magos?
Agora imos a traballar un pouco coa plastelina e os moldes.
Temos unha nova atleta moi guapa no cole, chámase Sara.
Dámosche a benvida e agardamos que o pases moi ben con nós.
Que aprendas moitas cousas e sobre todo, a ser moi boa atleta xa que estamos na aula dos atletas e nas Galimpiadas.
Para ser bos atletas hai que tomar enerxía e que mellor que comer uns bos garbanzos .
Despois de comer toca cepillalos dentes.
Ollade que ben os cepillamos para telos ben limpos.
Agora por fin xa estamos listos para empezar a carreira de atletismo:
Preparados,listos ,xa!!
Agora estamos algo cansos pero aínda temos folgos para xogar no patio como bos atletas que somos.
Estes atletas teñen que empezar a facer un mural de atletismo para decorar a aula.
Primeiro empezamos pintando un atleta.
Isto foi todo. Agardo que vos gustaran e disfrutárades destes atletas que se están facendo maiores e non nos deixan de impresionar.
Xa vos seguiremos informando dos nosos traballos e do noso mural.
Ata pronto e grazas por deixarnos formar parte da vida destes atletas.
Moitos biquiños.











































































































































































































