Arquivos da categoría ‘curso 2011-2012’

PRIMAVERA!!

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Abril 2012 23:52

Ola familias,

Perdoade pola tardanza, pero xa estamos aquí de novo para ensinarvos todo o que fixemos nestas semaniñas…

Un obradoiro de papel…

Pintamos un caracol e pegamoslle trozos de papel…

Tamén intentamos facer caracois con plastilina…

Ata que un día tivemos unha sorpresa!!! As profes trouxéronnos caracois de verdade á escola!!!

Gustáronnos moito, pero só uns poucos nos atrevemos a collelos…

Unha sesión de psicomotricidade…

Traballamos a natación…

Manipulamos flores…

E fixemos un mural…

Ata outra!!

Saúdos!! ;)

O entroido dos ciclistas.

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Abril 2012 10:23

Como xa avisamos, tiñamos pendentes as fotos do entroido. Velaí as tendes.

Un día trouxemos algo na cabeza.

Outro día, a cara pintada.

E por fin totalmente cambiados.

O día do desfile xa nos vichedes nas bicis. Lembrade:

É todo polo momento. Estamos en contacto.

Os ciclistas xogamos co arroz.

Escrito por Equipo Educativo, o 2 Abril 2012 10:18

Os ciclistas construímos uns instrumentos con arroz. Comezamos manipulando este alimento.

As mans e a boca son os nosos principais instrumentos de manipulación.

Mirade que bonitos nos quedaron.

Tamén usamos instrumentos máis convencionais.

Pero non todo vai ser música e festa, así que tamén estivemos pintando.

Pintamos con ceras.

Tamén con pintura de dedos.

Neste caso estabamos traballando o inverno.

E reforzamos este traballo construindo prendas de abrigo con papel de xornal.

Como sabedes celebramos o entroido por todo o alto. En breve poderedes ver que guapos/as estabamos.

Chegou a Primavera!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 25 Marzo 2012 22:09

Esta semana traballamos moito para decorar a aula e darlle a benvida á Primavera…

E este foi o resultado…

Tamén xogamos coas xabalinas…

Despois…a comer!!

E agora algunha simpática…

Bo fin de semana!! ;)

Escrito por Equipo Educativo, o 18 Marzo 2012 00:32

Ola familias!

Aquí estamos outra vez para ensinarvos o ben que o pasamos.

Comezamos facendo unha modalidade de atletismo:

E seguimos facendo exercicio …

Agora toca traballar o equilibrio…

A semana pasada celebramos os aniversarios de Clara e Leti.

Tamén traballamos o triángulo e a cor verde.

Esta semana tivemos o aniversario de Izan .

Ata a semana que ven!

Bicos.

Tocamos instrumentos

Escrito por Equipo Educativo, o 16 Marzo 2012 22:42

Comezamos o día comendo un pouco de froita…

Esta semana quixemos dar un pouco de marcha á escola tocando instrumentos…

Tamén un pouco de psicomotricidade…

E a comerrrr!!!!!

Bo fin de semana!!

;)

Parabens Manuel!

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Marzo 2012 21:20

Que ben o pasamos!

Escrito por Equipo Educativo, o 3 Marzo 2012 21:13

Ola familias!

Aquí estamos outra vez para ensinarvos o que fixemos esta semana.

Traballamos as cores:

Empezamos a construir unha xabalina

Esta semana celebramos o aniversario de Manuel. Parabens!

Ata a semana que ven !

Bicos.

Os bebés tamén estivemos de ENTROIDO!!

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Febreiro 2012 16:19

Ola a tod@s!!

Aquí estamos de novo os pequerrechos para ensinarvos que ben o pasamos nesta escola!

Mostraremos o máis destacado de xaneiro e febreiro.

O primeiro de todo felicitar as crianzas que xa cumpliron 1 aniño:

P A R A B E N S

Izan, Victor, Clara, Luanna, Yago Cuzzoni, Andrea Márquez!!!!!!!!!!!!!!

Tamén darlle a benvida a nova pequerrecha, que se incorporou en febreiro con tan só 4 meses: UXÍA HERRERA

Celebramos tamén o día da PAZ, pintando unha pomba branca e despois fixemos unha coroa..

En febreiro tivemos moita festa.. xa que…

O ENTROIDO chegou á escola!!!

Cumprimos unhas premisas para poder participar.. este foi o resultado…

O luns semellamos un cempés coa roupa vestida do revés…

O martes estivemos moi axeitad@s con algo do pescozo colgado…

O mércores fumos uns nen@s elegantes con perruca, sombreiro ou peiteado extravagante.

O xoves para rematar a monada, trouxemos a cara pintada.

O venres fixemos o DESFILE “GALÍMPICO”… Os nadadores estivemos un pouco tímidos… non estamos acostumados as grandes celebracións…

Agradecer a tódol@s papis e mamis que participaron no obradoiro de confección de disfraces!!

O seguinte luns de ENTROIDO puxemos un disfraz que tiñamos no caixón e si non un de choqueiro que quedou molón

O mércores de cinza roupa de cor negra puxemos, xa que pola sardiña choraremos!!

Por todo o colaborado

para todos grazas mil,

si sae ben para o ano

poderemos repetir.

Agardamos que vos guste, e para a despedida regalámosvos os mellores sorrisos:

Grazas pola vosa paciencia e ata a próxima….

Despedimos o Entroido!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 24 Febreiro 2012 10:11

Seguimos disfrutando do entroido!!!

Tivemos unha festa de disfraces con postres típicos do entroido… filloas, rosquillas, orellas…

Estaba todo boísimo!!!

Logo, as profes disfrazáronse e representáronnos o conto da “Carrapuchiña Vermella”

E o mércores tocounos despedir a nosa querida sardiña…

Canto choramos por ela!!!

Bo fin de semana!!

;)