Arquivos da categoría ‘AULA NATACIÓN (0-1)’

Os bebés tamén estivemos de ENTROIDO!!

Escrito por Equipo Educativo, o 29 Febreiro 2012 16:19

Ola a tod@s!!

Aquí estamos de novo os pequerrechos para ensinarvos que ben o pasamos nesta escola!

Mostraremos o máis destacado de xaneiro e febreiro.

O primeiro de todo felicitar as crianzas que xa cumpliron 1 aniño:

P A R A B E N S

Izan, Victor, Clara, Luanna, Yago Cuzzoni, Andrea Márquez!!!!!!!!!!!!!!

Tamén darlle a benvida a nova pequerrecha, que se incorporou en febreiro con tan só 4 meses: UXÍA HERRERA

Celebramos tamén o día da PAZ, pintando unha pomba branca e despois fixemos unha coroa..

En febreiro tivemos moita festa.. xa que…

O ENTROIDO chegou á escola!!!

Cumprimos unhas premisas para poder participar.. este foi o resultado…

O luns semellamos un cempés coa roupa vestida do revés…

O martes estivemos moi axeitad@s con algo do pescozo colgado…

O mércores fumos uns nen@s elegantes con perruca, sombreiro ou peiteado extravagante.

O xoves para rematar a monada, trouxemos a cara pintada.

O venres fixemos o DESFILE “GALÍMPICO”… Os nadadores estivemos un pouco tímidos… non estamos acostumados as grandes celebracións…

Agradecer a tódol@s papis e mamis que participaron no obradoiro de confección de disfraces!!

O seguinte luns de ENTROIDO puxemos un disfraz que tiñamos no caixón e si non un de choqueiro que quedou molón

O mércores de cinza roupa de cor negra puxemos, xa que pola sardiña choraremos!!

Por todo o colaborado

para todos grazas mil,

si sae ben para o ano

poderemos repetir.

Agardamos que vos guste, e para a despedida regalámosvos os mellores sorrisos:

Grazas pola vosa paciencia e ata a próxima….

Os nadadores presentan… Actividades do nadal!!

Escrito por Equipo Educativo, o 5 Xaneiro 2012 14:54

Ola a tod@s papis e mamis…

aquí estamos de novo nestas datas máxicas para ensinarvos todo o que traballamos e festexamos no mes de Nadal!!

Ademáis queremos darlle a benvida a Martín, o benxamín do cole!!

Mirade como traballamos arreo…

Gustavos o resultado final??

Agradecer a colaboración de tódol@s pais/nais que puideron axudarnos a facer unha gran xuntanza do Nadal…

FESTA!!!

Moitas grazas tamén a banda de música municipal do concello de Vilagarcía que nos deleitou 0 22 de decembro cunhas panxoliñas…

 

Para despedir o 2011 fixemos unha “particular” festa de fin de ano…

EN  PIXAMA!!

Despedimos ata a próxima desexándovos un feliz ano 2012!!!!!!!!!!!

Os nadadores deséxanvos felices festas!!!

Escrito por Equipo Educativo, o 23 Decembro 2011 15:33

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO OS NADADORES !!

TEMOS XA DOUS AMIGUIÑOS NOVOS NA CLASE, ESTES SON ANDREA MÁRQUEZ E YAGO MILLÁN, CON ELES PASÁMOLO XENIAL XOGANDO!!

E ESTES SOMOS NÓS, QUE XA CAMBIAMOS MOITÍSIMO DENDE O PRINCIPIO DE CURSO:

Aquí vimos os máis pequerrechos da escola para presentarnos e contarvos que ben o pasamos…

 

 

 

Xa fai 2 meses que comezamos na aula de 0-1, na  que, cada día ímonos adaptando un pouquiño máis ás mestras, ao contorno e aos nosos compis…

Este ano, na escola, traballamos un proxecto chamado galimpiadas, que recolle unha serie de actividades relacionadas coas olimpiadas, de ahí que sexamos a aula dos nadadores!!

 

Neste primer trimestre ademáis traballamos temáticas culturais como o Samaín, o Magosto, o Outono e o Nadal!!!!

 

 

 

Para rematar as nosas novas comentar que lle damos un abrazo moi forte a Lucas Ardila que se tivo que ir por motivos de saúde.

¡¡Esperamos que te recuperes!! MOITOS BICOS.

Esperamos que vos gustara moito, e que disfrutedes de estas datas máxicas…

Ata o ano!!

 F E L I Z   2 0 1 2 !!!!!!!!!!!!!!!!

Na aula dos nadadores, aínda que somos pequenos, tamén facemos moitas cousiñas….

Escrito por Equipo Educativo, o 28 Outubro 2011 12:27

No mes de setembro, tras adaptarnos as rutinas da aula, tratamos:

A vendima; xogamos coas folliñas de vide. E logo manchámonos as mans para pintar a folliña e as uvas.

Montamos unha parra.

Tamén, observamos, manipulamos e xogamos cunha espiga.

Que divertido!!!

E co millo da espiga e a botella de plástico, fixemos uns bonitos sonaxeiros.

Ata a outra, seguiremos informando!!



PRESENTACIÓN NADADORES

Escrito por Equipo Educativo, o 14 Setembro 2011 16:42

Ola a tod@s!!!!

En Setembro comezamos un novo curso, nas aulas de natación (0-1 maiores e 0-1 pequenos).

A primeira toma de contacto foi na “Xornada de PORTAS ABERTAS”… pasamos unha mañá moi agradable!!!!

Agora estamos no Período de Adaptación, e parecemos un pouco tímid@s!!!

Comezamos 8 compañeir@s xa que Yago Millán está de vacacións…

MIRADE QUE GUAP@S!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!:

Moitos bikos para todos os cativos… en especial para Mauro que nos tivo que deixar para irse ao ladiño da casa!!!!!!!!

M  U  A  K  !!