O noso Magosto

Escrito por xose, o 31 Xaneiro 2009 19:05

Xa estamos  en  novembro  e  chegou  o  día  do  Magosto.  Neste día, crianzas, familias e persoal da escola compartimos uns momentos saboreando os manxares que nos ofrece esta actividade: castañas e chourizos asados, empanadas e pan de Cea; todo regado con refrescos e auga. A “máquina do tren” tamén botu unha man.

 

 

 

 

A Vendima

Escrito por xose, o 31 Xaneiro 2009 18:22

No  mes  de  outubro  celebramos  a  vendima  neste centro. Entre outras actividades, as  nenas e nenos aprenderon a pisar as uvas coas debidas condicións hixiénicas, coar o mosto nun barreño, e sobre todo, disfrutar do doce sabor deste líquido elemento.

                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita da Policía Nacional

Escrito por xose, o 18 Outubro 2008 13:26

No pasado mes de xullo visitou a escola unha dotación da Policía Nacional de Ourense. Deste xeito, tódalas nenas e nenos tiveron a oportunidade de observar e manipular tódolos elementos propios dun coche de policia (sirena, megafonía, etc). Para iso contamos coa amabilidade do axente que compartiu connosco estes momentos.

P70302211.JPG     P70301991.JPG

Tren das Termas

Escrito por xose, o 1 Xullo 2008 17:32

Os pasados días 29 e 30 de abril os nenos/as do grupo de 2-3 anos visitamos as termas de Outariz. Para iso, a viaxe fíxémola  no tren das Termas.

tren.jpg terma.jpg

Excursión a Fonte Fiz

Escrito por xose, o 25 Xuño 2007 11:40

O pasado día 13 de xuño realizamos unha visita ó Centro de Recursos Zooxenéticos de Fonte Fiz (Coles) co grupo de idade de 2-3 anos. Alí poidemos observar e tocar diversas razas autóctonas de Galicia de varios tipos de animais (vacas, cabalos, porcos, galiñas, etc.)

fontefiz1.jpg

fontefiz2.jpg     fontefiz3.jpg