Recordos da infancia

Escrito por Angeles, o 2 Decembro 2011 20:13

Fai un tempo, nunha homenaxe as mestras, puden rescatar esta fotico dos meus primeiros anos de escola. E como era das mais pequerrechas estou en primeira fila. Que ilusión me fixo verme nela!!!!!

Dia internacional contra a violencia de xénero

Escrito por Angeles, o 25 Novembro 2011 20:09

Dia internacional da infancia

Escrito por Angeles, o 20 Novembro 2011 18:56

De novo unha ilustración de Arianna Floris para conmemorar o día internacíonal da infancia.

 

E se queremos lembrar os seus dereitos só temos que facer click na imaxe

Ilustración

Escrito por Angeles, o 9 Novembro 2011 21:44

Preciosa e sinxela ilustración de Arianna Floris publicada por http://klimtbalan.blogspot.com/

Corre, corre cabaciña

Escrito por Angeles, o 2 Novembro 2011 21:48

Erase unha vez unha vella que vivía nunha casa na aldea, que un día recibiu unha carta da súa neta convidándoa á sua voda. Ela púxose tan leda que botou a andar ao momento para non chegar tarde....

Unha pantasma con asma

Escrito por Angeles, o 31 Outubro 2011 18:36

Este foi o conto elexido para representar na festa de Samaín que celebramos esta tarde na escola. Agardamos que a todos os nenos e nenas e aos seus papás e mamás lles gustase e, o que é mais importante, que lembren  que tal e como se indica ao remate do mesmo,  “…a grandes e pequeniños, todo lles cura o cariño”

Para ver o conto nunha presentación só tedes que facer click enriba de Un Fantasma Con Asma

 

Pequetic

Escrito por Angeles, o 25 Outubro 2011 21:33

Web educativa orientada aos mais pequerrechos onde o seu obxetivo principal é ofrecer un recurso fácil e motivador para fomentar o uso das novas tecnoloxías e informática entre os alumnos de infantil.

O caracol Serafín

Escrito por Angeles, o 22 Outubro 2011 21:28

Trátase dun recurso didáctico multimedia, dirixido a nenos e nenas a partires de 3  años. Consta dun conto interactivo dividido en catro capítulos, e de 17 actividades que se axustan ao desenvolvemento  evolutivo de cada alumno e alumna, a sua capacidade de atención, ao seu coñecemento acerca do ordenador e o seu ritmo de aprendizaxe.

Dia mundial do cancro de mama

Escrito por Angeles, o 19 Outubro 2011 08:25

Todo o apoio para as afectadas por esta dificil enfermidade. Ánimo!!!!!!

Solpor

Escrito por Angeles, o 13 Outubro 2011 20:15

Este festivo entre semana deu moito de sí, sobre todo para ollar un fantástico solpor polos chans do Iroite, na serra do Barbanza.