Gominoooolas!!!!

Estas golosinas irresistibles para os mais cativos poden converterse en toda unha experiencia se as confeccionamos con eles. Esta receita vai permitirnos gozar dunhas gominolas sans cun valor engadido: feitas por nós.

Ingredientes:
- 2 sobres de xelatina neutra
- 1 sobre de xelatina con sabor
- 2 veces a medida da xelatina con sabor de auga (aprox. 2 tazas pequenas)
- 3 veces a medida da xelatina con sabor de azucre (aprox. 3 tazas pequenas de azucre)
- Azucre granulado para rebozar las gominolas

 

Preparación:
A primera parte correspondelle a un adulto xa que é preciso introducir todos os ingredientes nun cazo e quentar ao lume suave removendo constantemente sen que chegue a ferver.

Mollar con auga fría un molde rectangular e verter a xelatina. Tamén podemos utilizar moldes para cubitos de xeo con diferentes formas (se son de plástico brando mellor porque será mais fácil desmoldala). Meter na neveira e deixar que se enfríe. Cando vexamos que ten a consistencia adecuada, desmoldamos. Aquí entran en acción os nenos cortándoa cos moldes de galletas dándolle así diferentes formas. Agora chega a parte máis divertida que é rebozalas con azucre e tras isto só queda ……gozar do premio!!!.

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe