VASOS SUPERPOSTOS

Para nenos de meses ata 3 anos só precisamos vasos de plástico de diferentes tamaños que encaixen ou entren uns dentro de outros. Para nenos/as máis grandes, podemos crear vasos que eles poidan emparellar según o número, a cor, o tamaño… (É moi importante non usar vasos de poliestireno porque as crianzas poden asfixiarse ao tragar anacos deste material).

Unha vez que teñamos o noso grupo de vasos podemos decoralos usando distintas cores de cinta adhesiva ou pintura e logo facer que os nenos e nenas os emparellen segundo a cor. Podemos escribir números en secuencia ou dibuxar formas neles. As posibilidades son infinitas.

Aprender a amontonar vasos axuda aos mais cativos a desenvolver a coordinación ollo-man así como ao desenvolvemento do seu cerebro, mentres que aos nenos e nenas mais grandes permítelles aprender destrezas mais avanzadas como a simetria, a cor e o tamaño.

Esta e outras actividades http://www.losninosensucasa.org/find_activities.php

Etiquetas:

Unha resposta para “VASOS SUPERPOSTOS”

  1. sonia Di:

    ola!son nova neste portal e nova neste oficio,acabei o ciclo en maio de 2009 e estou traballando polas tardes nunha escola infantil,en miño, a coruña,non sei se coñeces o lugar…estiben mirando o teu blog e encantoume,aqui atopanse moitos recursos e coa miña nula experiencia venme de perlas…teño unha dúbida que me encantaría tí poideras solventar,ademáis de escolas infantís donde pode traballar un tecnico sup.en educ. infantil??e…para traballar nas altigas galescolas hai q facer aínda ese exame??esperando me poidas repostar…un saúdo e grazas!!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe