O efecto Mozart
O efecto Mozart é como se lle denomina á influencia que pode exercer a música deste compositor no comportamento dos bebés. Trátase dunha influencia moi positiva que logra mellorar o desenvolvemento creativo e intelectual dos nenos e nenas.
Son varios os estudos que nos amosan a gran influencia que ten a música nos bebés, incluso cando aínda se atopan no ventre materno. A música comeza a influír nos bebés desde a semana 20 de xestación xa que os bebés comezan a oír desde ese momento. Créese incluso que a música escoitada durante o el periodo de xestación por o futuro bebé é recordada tras o seu nacemento e a lo menos durante o primeiro ano, as melodías son asociadas aos períodos de paz que gozaban dentro do útero da nai e logran tranquilizalos cando están nerviosos.
Don Campbell, músico e mestre, investigou durante varios anos os efectos que produce a música nos seres humanos, chegando á conclusión de que determinados tipos música e especialmente as obras que compuxo Mozart, contribúen ao crecemento fetal, ao desenvolvemento do bebé y a mellorar a súa creatividade e capacidade física e intelectual. Entre os títulos que nos ofrece o efecto Mozart atópanse “La música para el embarazo”, “La música para recién nacidos”, “La música para bebés, para jugar y para irse a dormir” o “La música para niños, relájate, imagina y dibuja”. Son CD’s de 40 a 50 minutos de duración que podes encontrar en calquer tenda especializada.
Ler mais en http://pequelia.es/1940/el-efecto-mozart/

19 de Agosto de 2009 ás 18:27
a verdade e que aprendemos un montón no teu blogue, nótase a túa falta na escola pero a verdade e que se compensa con toda esta información.
Un saúdo.
3 de Setembro de 2009 ás 21:48
Eu, ignorante de min, púxenlle U2 e agora o rapaz saleume un tanto fedello, a ver se o podo remediar, voulle por música de mozart cando durma a ver se soluciono algo…. bicos guapa, xa falamos.