Vamos al zoológico, lógico
Escrito por Angeles, o 2 Xuño 2012 22:00
Esta é a excusa perfecta para visitar unha libreria e descubrir novos títulos.
Eu púxenme as pilas, fixen o propio e … saín cun libro inquieto para agasallar ao meu sobriño. E preguntaredes, como vai ser esto de un libro inquieto? Pois si, porque e preciso darlle uns pequenos golpes a uns ovos para ver o que ocorre e logo terás que acompañar a eses dous novos amigos nun sinfin de aventuras, dende cantar, ata poñer ao sol as peras dun peral para que maduren e así poder facer unha riquíiiiisima compota….
Boa lectura a todos e todas.
Erase unha vez unha vella que vivía nunha casa na aldea, que un día recibiu unha carta da súa neta convidándoa á sua voda. Ela púxose tan leda que botou a andar ao momento para non chegar tarde....
Este foi o conto elexido para representar na festa de Samaín que celebramos esta tarde na escola. Agardamos que a todos os nenos e nenas e aos seus papás e mamás lles gustase e, o que é mais importante, que lembren que tal e como se indica ao remate do mesmo, “…a grandes e pequeniños, todo lles cura o cariño”
Para ver o conto nunha presentación só tedes que facer click enriba de Un Fantasma Con Asma
Trátase dun recurso didáctico multimedia, dirixido a nenos e nenas a partires de 3 años. Consta dun conto interactivo dividido en catro capítulos, e de 17 actividades que se axustan ao desenvolvemento evolutivo de cada alumno e alumna, a sua capacidade de atención, ao seu coñecemento acerca do ordenador e o seu ritmo de aprendizaxe.
Neste corto podemos ver a unha bruxa alterada pola primavera e que quere conseguir un príncipe enamorado.Por iso vai sair de viaxe na sua escoba na procura dun dos ingredientes da pócima milagreira.
O Portal de Educación da Junta de Castilla y León segue “Abierto por vacaciones” e elaborou estes recursos cos que aprender e repasar de forma divertida. Máis de 100 actividades e xogos para todas as etapas (infantil, primaria e secundaria) e moitas delas tamén en inglés. Fai click na imaxe e elixe a etapa que desexes.
Este libro convídanos a entrar cos mais pequenos no mundo da poesía. En cada páxina hai un grupo de preguntas rimadas que cuestionan como serán as casas de diferentes cousas:
Así, en cada páxina irémonos preguntando polo fogar das xirafas, das baleas, das tartarugas…. ata chegar a cuestinarnos pola casa mesma das palabras