Anotacións coas etiquetas “libros”

Dia do libro

Escrito por Angeles, o 23 Abril 2012 10:22

Esta é a excusa perfecta para visitar unha libreria e descubrir novos títulos.

Eu púxenme as pilas, fixen o propio e … saín cun libro inquieto para agasallar ao meu sobriño. E preguntaredes, como vai ser esto de un libro inquieto? Pois si, porque e preciso darlle uns pequenos golpes a uns ovos para ver o que ocorre e logo terás que acompañar a eses dous novos amigos nun sinfin de aventuras, dende cantar, ata poñer ao sol as peras dun peral para que maduren e así poder facer unha riquíiiiisima compota….

Boa lectura a todos e todas.

Casas y cosas

Escrito por Angeles, o 14 Agosto 2011 20:15

Este libro convídanos a entrar cos mais pequenos no mundo da poesía. En cada páxina hai un grupo de preguntas rimadas que cuestionan como serán as casas de diferentes cousas:

Así, en cada páxina irémonos preguntando polo fogar das xirafas, das baleas, das tartarugas…. ata chegar a cuestinarnos pola casa mesma das palabras

A sorpresa de Nandi

Escrito por Angeles, o 4 Agosto 2011 23:12

Nandi é unha nena da tribu Luo de Kenia, que un bo día decide ir a visitar a su amiga Tindi levándole de regalo unha cesta con 7 froitas distintas, porque no está segura das suas prefencias. Mentres atravesa a sabana africana rumbo ao poblado onde vive Tindi, Nandi pensa nalgunas das alternativas sobre los gustos dela : “ Gustarálle máis a banana amarela e suave… ou un mango maduro e vermello?…

UN LIBRO

Escrito por Angeles, o 8 Abril 2011 21:46

Ao abrir este libro só se ve un círculo amarelo sobre unha páxina en branco e invítase ao lector a pulsar este círculo co dedo e averiguar o que ocorre. Para saber a resposta non temos mais que dar a volta á páxina… e así comeza a maxia!!!


Círculos vermellos, amarelos e azuis desdóbranse, cambian de lugar, colócanse en fila, medran… incluso están a punto de caerse polo borde do libro ou voar ata desaparecer…

El libro negro de los colores

Escrito por Angeles, o 10 Marzo 2011 10:23

Este é un libro para ver as cores cos ollos pechados, a través do resto dos sentidos. Para Tomás, un neno cego, as cores son sabores, olores, sons e emocións. A historia é narrada por outro neno, un amigo de Tomás. De seguido podemos velo pero… será moito mellor tocalo!!!

 

Un papá a la medida

Escrito por Angeles, o 12 Febreiro 2011 20:55

A pequena protagonista de “Un papá a la medida”, sabe moi ben cales son as numerosas virtudes da súa mamá e descríbeas ao milímetro, satisfeita delas e da súa vida… Pero non estaría mal incluír a alguén mais en ese mundo cheo de felicidade.  Que tal un papá?…..

Dia do libro

Escrito por Angeles, o 23 Abril 2010 18:55

“Los libros son a la vez obras de arte y ciencia, y vectores de ideas. Plasman de manera magnífica las diversidades creadoras. Conducen al conocimiento universal y participan en el diálogo entre las culturas. Son instrumentos de paz”. (Cita contida na mensaxe da Directora Xeral da Unesco, Irina Bokova, con motivo da decimoquinta edición do día mundial do libro e dos dereitos de autor).

E neste dia, non podía faltar unha proposta para os mais pequenos. A editorial Kokinos tráenos unha proposta moi sinxela pero orixinal, xa que os seus protagonistas son os seus propios dedos. A persoaxe non ten mais rasgos que un par de ollos e unha boca, que os nenos poden pintar nos seus propios dedos. Chámanse “gusidedos” e cólanse polos buratos das páxinas para dar vida ao conto.

Por qué me sinto diferente?

Escrito por Angeles, o 13 Abril 2010 22:31

Bárbara Viader ofrécenos unha guía para comprender a integración sensorial e o desorden no procesamento sensorial. Berta Lu, David, Johan, Sasha e Jana son cinco nenos aos que vemos desenvolverse en situacións cotiás dun día calquera e cóntannos en primeira persoa cómo se senten en cada momento e porqué se ven “diferentes”.

Carla e as froitas

Escrito por Angeles, o 19 Marzo 2010 00:49

Carla que bien huelen las frutas! é a historia dunha nena pequeña que xunto coa súa nai e o seu canciño descubre os distintos olores nunha frutaría. É unha publicación con poucas páxinas que de seguro que vai deixar a mais de un con gañas de seguir apreciando novos aromas, xa que ao pasar as páxinas e frotar as froitas percibimos o olor das laranxas, fresas ou mazás verdes…

…Pois imos contar un conto

Escrito por Angeles, o 25 Xaneiro 2010 22:39

Pois imos contar un conto,

un conto moi especial.

Non sabemos de que se trata

mais pronto se saberá…

Un libro colectivo elaborado por 1800 nenos e nenas de diversos paises en colaboración co autor británico Quentin Blake, e que narra as peripecias de Isabel e Nicolás, tripulantes dun barco voador, que en colaboración coas cegoñas o trasforman nun arca acolledora que percorre o mundo salvando as vítimas das guerras, da explotación infantil, dos desastres ambientais e das inxustizas…