DECLARACIÓNS E COMUNICACIÓNS SOBRE A EDUCACIÓN E ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA
(Jacques Delors, Informe á UNESCO da Comisión Internacional sobre a Educación para o Século XXI; A educación encerra un tesouro, 1996.)
Para titular o seu informe, a Comisión recorreu a unha das fábulas de Juan de La Fontaine,”O labrador e os seus fillos”:
“Gardádevos (dixo o labrador) de vender o patrimonio, deixado polos nosos pais, veredes que esconde un tesouro .”
A educación é todo o que a Humanidade aprendeu sobre se mesma.
Imitando ao poeta, que eloxiaba a virtude do traballo, poderíamos dicir:
“Pero o pai foi sabio. Ao mostrarlles, antes de morrer, que a educación encerra un tesouro .“
EDUCACIÓN E ATENCIÓN Á PRIMEIRA INFANCIA EN EUROPA
(Jàn Figèl, Comunicación da Comisión Europea; Educación e atención á primeira infancia en Europa: un medio para reducir as desigualdades sociais e culturais, 2009)
” A educación infantil é a que produce o maior rendemento en canto a adaptación social das nenas e dos nenos. Os Estados Membros deberían investir máis na educación infantil como medio eficaz para sentar as bases da aprendizaxe posterior, previr o abandono escolar e incrementar a igualdade nos resultados e nos niveis globais de competencia.
Por esta razón, a Comisión converteu a educación infantil nunha área prioritaria para a cooperación entre os Estados Membros en 2009-2010, en particular para promover un acceso equitativo xeneralizado e para reforzar a calidade da oferta e o apoio ao profesorado.”
CONFERENCIA MUNDIAL SOBRE ATENCIÓN E EDUCACIÓN DA PRIMEIRA INFANCIA
(Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura: Construir a riqueza das nacións, Moscú, 2010)
“James Heckman, premio Nobel de economía, demostrou que o investimento en AEPI é máis rendible que os investimentos noutros ámbitos da educación. Nunha reunión do Banco Interamericano en Costa Rica en 2007, á que asistiron 30 economistas renomeados, se examinaron 29 opcións para mellorar o gasto público e as políticas públicas e recoñeceuse unanimemente que a educación da primeira infancia era a medida máis eficaz.”
