Escrito por gloria_rois, o 17 Outubro 2011 23:42
O Cesto dos Tesouros: trátase dunha proposta de xogo para bebés de seis a doce meses ( cando aínda non camiñan). Neste xogo os nenos/as exploran obxectos cotiás que seleccionamos previamente coa finalidade de proporcionarlles novas sensacións. Por iso, mamás e papás precisamos da vosa colaboración aportando algúns obxectos que poden ser naturais, de madeira, de tea, goma, papel, cartón,…e que posúan diferentes cualidades en canto tamaño, cor, textura ou son.
Axiña veredes qué ben o pasamos descubrindo FANTÁSTICOS TESOUROS!
Un saúdo,
Moitas grazas.
Etiquetas: cesto, recurso, tesouros
Publicado en Aula As Curuxas, Sen clasificar | Non hai comentarios »
Escrito por gloria_rois, o 13 Outubro 2011 00:12
Comezamos un novo curso 2011-2012 cun grupo de pequerrechiños de 5 e 6 meses…Facémolo con moita ilusión e con moitas ganas de percorrer con eles un camiño cheo de novas experiencias e de grandes descubrimentos….Co periodo de adaptación máis que superado xa podemos dicir que nos atopamos no noso segundo fogar. A partir de agora queridas familias, requeriremos de vez en cando un pouco da vosa colaboración e por suposto aquí estamos nos para o que precisedes….
Etiquetas: aula, benvida, curuxas
Publicado en Curso 2011-2012, Sen clasificar | Non hai comentarios »