Escrito por Mengana, o 8 Novembro 2011 23:42
Hoxe asomándome ó Portal atópome unha nova de actualidade moi suculentísima. No blogue da Equipa educativa hai unha nova entrada¡¡
E non unha entradiña calquera como esta miña… senon unha entrada no blogue que a Equipa preparou para compartir os “documementos colaborativos” que se crearon “froito das xuntanzas de direccións onde se analizan, póñese en común e avalíase o traballo educativo que se desenvolve nas escolas”
Hai un monto te temas interesantes abordados que seguro son do voso interese: O período de adaptación, o nadal, os informes ás familias… e o que queda por vir.
Chamoume particularmente a atención o documento “COMUNICACIÓN, PARTICIPACIÓN E RELACIÓN COAS FAMILIAS”
Respecto das canles e momentos de comunicación coas familias fálase un pouco do blogue:
O blogue
É unha ventá aberta ao exterior que transmite a vida da escola polo que temos que ter claro dentro do equipo que imaxe queremos difundir da nosa escola infantil, que criterios imos a empregar á hora de escoller as fotos, coidando a redacción e confección dos textos e escollendo axeitadamente as actividades que merecen ser resaltadas.
Velaí nunha pequena frase o que tratamos de facer e abordar no curso… e do moito que nos queda por falar nos blogues e sobre os nosos blogues.
Algunas reflexións que debemos plantexarnos pois unha vez que puxemos a andar o blogue serán:
- Que “imaxe” se proxecta de nós e do noso traballo tal e como empregamos o blogue?
- Os recursos que empregamos (imaxes, vídeos) son os axeitados?
- Son os textos que publicamos coidados na redacción e no seu estilo?
- Escollemos con criterio os temas dos que faltar no blogue?
- ….

E se non moito me equivoco son cuestións que xa andan polas vosas cabezas… Vos reuníchedes co voso equipo para tratar estes temas? Algunha consclusión que compartir?
Etiquetas: artigos, blogues, colaborar, reflexión
Publicado en Educativo | Non hai comentarios »
Escrito por Mengana, o 3 Novembro 2011 22:37
Empregamos a cotío imaxes nos blogues: para decorar, para rexistrar, para achegarlles ós nosos lectores de forma máis gráfica o que está a acontecer na nosa aula.
No curso, detímonos con este asunto traballando coa imaxe da cabeceira do blogue: Pero hai un mundo de cousas que facer coas imaxes¡¡¡
No curso, detímonos a comprender algúns conceptos básicos das imaxes e a traballar con elas facendo dúas cousas:
- Recortar imaxes
- Redimensionar imaxes
Se non dispomos de ningunha ferramenta no noso equipo para tratar imaxes temos moooooitas ferramentas para tratar imaxes directamente no navegador e que son moi chulas¡¡:
Con elas podemos facer retoque básico das nosas imaxes.
Tamén temos ferramentas máis complexas de tratamento de imaxes como Photoshop… pero de gratis e de software libre temos o GIMP que é un potentísimo programa de retoque de imaxes baseadas en mapa de bits.
Podédes descargalo dende a páxina oficial ainda que moitos xa o tendes instalado.
Ademáis, hai moitos titoriais e recursos. Por exemplo: Dendtro do Proxecto Abatar hai un curso aberto que podedes seguir ós pouquiños. Ten moi boa pinta e está completamente en galego.

logo_gimp
Vos deixo a referencia por si vos animadades¡¡
Etiquetas: imaxes, recursos, retoque
Publicado en Educativo | Non hai comentarios »
Escrito por Mengana, o 30 Outubro 2011 22:36
Etiquetas: blogues, curso, listaxe
Publicado en xestión | 2 Comentarios »
Escrito por Mengana, o 22 Outubro 2011 20:24
Ajajá¡¡ E na data esperada teño moitísisisimos correos pendentes.

Irei pouco a pouco escribíndovos a todas unha por unha sobre as vosas actividades. Agora é a miña hora chicas¡¡¡ A ver que peazo de blogues tendes preparados¡
Estou expectante
¡¡¡Vémonos nos blogues¡¡¡
Etiquetas: actividades, blogues, curso, repaso
Publicado en curso, xestión | 3 Comentarios »
Escrito por Mengana, o 16 Outubro 2011 20:29
O outro día do curso, iniciámonos no mundo dos blogues - e a parte de pasalo (polo menos eu) guay- aprendimos moitas cousas… E non vaia ser que se nos esquezan¡¡
Deixo aquí o que fumos facendo e aprendendo. Espero que vos sirva para consultar, de forma áxil, as cousiñas que aprendimos¡
- Premede nos enlaces para que se abra o vídeo.
- Aparecerá unha nova pantalla na que tendes que premer no “play”.
- Nos videos vou amosándovos as cousas que aprendimos( dame un pouco de vergoña escoitarme, nun vídeo… pero espero que vos sexan de utilidade. )
O primeiro día
( A parte de botarvos un rollo impresionante sobre o que é internet, a web e a web 2.0)
- Depóis tras dar unha voltiña polas distintas opcións ( pasamos a crear a nosa primeira anotación: ir o vídeo de: escribir_anotacion
- Xa cando tiñamos algunha cousiña feita, pasamos a ver as opcións de xestión das nosas anotacións, páxinas e ligazóns:ir o vídeo das opcións de xestion
- Nos detimos bastante a ver a diferencia entre categorías, etiquetas…
- Tamén vimos cómo modificar a apariencia do noso blogue.
O segundo día:
Xa nos metimos en máis fonduras:
Vimos a informaicón do noso perfil, a configuración do blogue e os complementos.
E quedou todo listo¡¡¡
Por certo: Nos distintos enlaces están os vídeos explicativos de cada unha dos procesos que explicamos. Irei poñendo todos os vídeos nesta mesma anotación para que vos sirva de referencia. (Consultádea pois con frecuencia) ¿Parécevos ben?
Etiquetas: curso, repaso, videos
Publicado en Técnico | 2 Comentarios »
Escrito por Mengana, o 8 Outubro 2011 22:29
Para que todo quede listo e… xa que no tempiño que tivemos, non foi posible rematar todo, plantexeivos tres actividades. Vamos con elas?
Ler o resto desta entrada »
Publicado en curso, xestión | 11 Comentarios »
Escrito por Mengana, o 8 Outubro 2011 19:33
É hora de poñerse mans a obra¡¡
Ademáis de saber que non estades sós neste mundo e que moita xente nos está a mirar cando escribimos no blogue convén saber de qué recursos podemos botar man se non sabemos como continuar, temos dúbidas ou estamos atasca..ca..dos.
Tendes á vosa disposición unha serie de recursos estupendos para empezar na documentación do blogue:
O manual de navegación: Para comprender ó Planeta
O manual de administración: Para crear e manter o blogue
Para repasar, ou resolver os fundamentos podemonos ir apoiando nestes manuais. Ademáis existen un montón de recursos en internet de tipo máis técnico se buscades axuda sobre “Wordpress”
O compañeiro Rubén, dos responsables técnicos deste planeta de blogues, tamén ten interesantes anotacións no seu blogue persoal máis técnicas.
Neste blogue podedes atopar moitos novos recursos e trucos¡¡
Etiquetas: axuda, manuais, wordpress
Publicado en Técnico | 2 Comentarios »
Escrito por Mengana, o 8 Outubro 2011 18:28
Fondo e forma nun blogue e máis nun blogue educativo non son igual de importantes. Sen dúbida ter un blogue con temas interesanes, que enganche ós pais que permita aprender e compartir cos demáis profesionáis é moito máis importante que ter un blogue “moi bonito” que non comunique nin aporte nada ós seus lectores.Xa vamos falar das temáticas posibles, de formas e trucos para “abrir a escola ó contexto” pero exiten algunhas cuestións “formáis” que tamén debemos considerar.
Un blogue que non se lea ou vexa ben (lexibilidade ou facilidade para que se lea o seu contido), non captará o interese ou provocará cansancio nas persoas que nos visitan. Coidar algúns aspectos fará que o blogue sexa máis agradable de leer e seguir… así pois as “formas” ainda que secundarias, tamén son importantes.
- Algúns consellos básicos poden ser de moita utilidade ahí van algúns:
- A nosa composición: Coidemos a ortografía¡ existen correctores para o navegador e ferramentas de procesamento de textos que nos poden axudar.
- Os textos: O bo se breve, dúas veces bo. Escribir unha anotación non é escribir un artigo!!
- As fontes: Claras, non empreguedes fontes extranas, non se leen con comodidade na pantalla.
- As cores: Non abusedes das cores nos textos, cansan e poden resultar demasiado informáis.
- O óptimo para leer é que exista moito contraste entre a fonte e o fondo. (Fontes negras sobre fondo branco)
- O movento: animacións, películas… debemos inserir vídeos que aporten e comuniquen algo, e os poucos¡¡
- Poñer moitos vídeos fará que: se son moitos e xuntos non se vexan todos.
- As imaxes: Cando son precisas e da calidade e peso axeitado, senon farán moito máis lenta a descarga da páxina e podemos cansar ós nosos lectores¡¡¡
…. Pero mellor ca min o explica un clásico edublogueiro
Tamén temos outras interesantes referencias sobre este tema en:
Etiquetas: estilo, forma, textos, trucos
Publicado en Técnico | 1 Comentario »
Escrito por Mengana, o 8 Outubro 2011 17:42
No fondo, escribimos por que temos algo que comunicar ós demáis. Ou? e un blogue educativo debe nacer cun porque, cunha razón de ser…
Escribir para abrir a escola ó seu contexto, para mellorar a educación dos cativos comunicándonos axeitadamente cos pais e nais que queren saber o que, como profesionáis da educación facemos na escola.
Ler o resto desta entrada »
Etiquetas: compartir, experiencias, porque, temas
Publicado en Educativo | Non hai comentarios »
Escrito por Mengana, o 1 Outubro 2011 13:48
Benvidos todos a este curso de “Aproveitamento educativo das TIC II” ¡¡
Temos dúas longas xornadas de formación por diante e moito por aprender… todos¡¡ Espero que poidamos compartir experiencias sobre o uso das TIC na educación e que avancemos na creación desta rede de escolas
¿Qué vos parece o programa do curso? ¿Algún comentario agora que xa estamos en marcha?
Etiquetas: benvida, comentarios, curso
Publicado en xestión | 19 Comentarios »