As actividades deste curso

Para que todo quede listo e… xa que no tempiño que tivemos, non foi posible rematar todo, plantexeivos tres actividades. Vamos con elas?

A primeira: Escribir unha cartiña ós pais

Para que os informedes correctamente cómo vai ser o blogue:

Para iso penso que esta carta debera incluir:

  • Presentación do blogue o que é e para o que o ides empregar
  • As formas de acceder ó blogue: A súa dirección (¡¡¡ non vos olvidedes por favor ¡¡¡¡ ) e como atopala buscando no planeta.
  • Os temas (que se convertirán en categorías) do voso blogue
  • O compromiso que tedes co blogue e máis ou menos cada canto tempo ides escribir
  • A configuración do voso blogue: vaia, que lle expliquedes os “complementos” que tedes postos no blogue á súa disposición e a súa utilidade.

Esta actividade ten que vir complementada con:

A segunda actividade: Configuración e apariencia

Repasade a configuración e o perfil do voso blogue: O voso perfil (cunha fotiño por favor) o título, a imaxe se fixera falta.

Na sección “Deseño” escollede os vosos “widges” ou complementos e ordeadeos cun pouco de lóxica, pensando na comodidade de quen vos vai ler.

  • Tendes ferramentas que axudan a xente a atopar as cousas:
    • Cun buscador de palabras (”procurar): que permite buscar palabras dentro do blogue, dentro das anotacións. Pero tamén hay outras formas de atopar anotacións….
    • Por datas:
      • O complemento “arquivo”: permitirá buscar por meses
      • O calendaro: permitirá ver os días do mes no que escribíchedes anotacións (se so ides escribir unha vez ó mes, poñer este complemento non tería moito sentido, pero se escribides moito si¡¡)
    • Por “temas”:
      • As categorías permitirán tanto clasificar as anotacións como posteriormente acceder únicamente anotacións que pertencen a cada unha de esas “grantes temáticas do blogue”
      • As etiquetas: describirán do que falades nas anotacións, en cada unha de elas e, se as empregades moitas veces Creeeecerán de tamaño, e se as empregades poooouco veranse máis pequenas na “nube de etiquetas”
    • Tamén podedes poñer outros widgets e cambiarlles o título
      • Ligazóns dos vosos blogues favoritos, páxinas ou portáis…
      • Comentarios recentes…

A terceira actividade: Dúas anotacións

Estas anotacións deberan ser xa máis traballadas que as que fixemos de mostra no curso. De feito, as que non vos quedaron como querades, convén que as borredes e borredes a anotación de mostra se inda non o fixéchedes (Xestionar> seleccionamos as anotacións e prememos en “Borrar”).

Nestas Empregade o editor, os elementos multimedia que queirades… pero todo con xeitiño¡¡¡

  • Recoméndovos que lexades as anotacións con trucos e exemplos que tendes no meu blogue e que botedes un ollo ós demáis blogues do planeta¡¡ para inspirarvos (se é que fai falta :D)
Todo (isto, que é pouca cousa) compre que mo fagades chegar antes de dúas semanazas¡¡ (antes do día 23)
Nun correo á miña conta persoal:
  • Cun ficheiro adxunto no que virá a carta mellorada respecto á primeira versión tal e como vos indiquei máis arriba
  • No asunto da mensaxe poñedeme “Actividade TIC galiña azul” (así os identifico rápidamente e os etiqueto ;)
  • No corpo da mensaxe de correo poñedeme o enderezo do voso blogue (non o voso nome de usuario¡¡¡) e de existir tamén a dirección do blogue do centro.
    • Se inda non o sabedes… (e mira que fun pesada con isto que case me da vergoña¡¡¡) buscádeo na parte correspondente do planeta (nos blogues persoais ou do centro, coas ferramentas de búsqueda que vimos que hay no planeta: na “listaxe de blogues”, coa “caixa de procura da listaxe”)
E penso que con isto penso que teremos listas todas as actividades. Eu ireivos respondendo a medida que entreguedes (sodes moitas¡¡¡) pero espero tervos respondido a todas antes do día 30. ¿Parécevos ben?

11 respostas para “As actividades deste curso”

  1. Gemma Di:

    Boas!
    Creo que estábamos todas bastante preocupadas por cál sería o traballo…agora xa está todo clariño e moi ben explicado, así que a facelo!! Ah! aínda que creas q fostes pesada co tema do enderezo do bloque, seguro que habrá veces que o seguiremos dudando..ja ja ja!
    Un saúdo e graciñas!

  2. Sofia Di:

    Lucía, está clariño clariño!! Mola a nube que engadiches na imaxe do teu blogue. Gracias por compartir o que sabes, e xa pedin na enquisa: máis tempiño para poder profundizar que o tema é extensoooooo. Un saudiño!

  3. Mengana Di:

    Gemma, Sofía, alégrome que quedara a cousa clariña¡¡ son cousiñas ben fáciles que vos servirán para coller un impulso. Aquí me tendes para calquera dúbida que vos poida xurdir. Saúdos

  4. Vanesa Di:

    a simple vista, parece que todo está clariño, a ver cando empecemos a facelo sigue todo tan claro, jajajaj, moitas gracias, un saùdo

  5. Diana Di:

    Está fantasticosamente explicado!, pero é moito traballiño, uff!
    ;-)

  6. Mengana Di:

    Diana, entón… ídelo facer fenomenosamente XD

  7. Diana Di:

    Teño unha dúbida: quero ordear as ligazóns como a min máis me gusta, na parte de administración quedan ordeadas como eu quero, pero na portada (creo que non se di así!) do meu Blogue aparecen ordeadas por orde alfabética. Non atopo o botón de gardar cambios no apartadoda administración das ligazóns.
    A ver se son quen de conseguir resultados resultones!!

  8. Mengana Di:

    Ola DIana:
    Pois me temo que é una pequena limitación. As ligazóns organízanse por orde alfabética. Unha solución sería poñerlles un número diante no título, de tal forma que se ordenen segundo este número… Non é unha solución moi elegante, pero… funciona :D

  9. rosario Di:

    es muy interesante todo lo que hemos aprendido pero poco práctico en mi caso pues no usamos el blog, de todas maneras allá voy a terminar mi trabajo, tarde, pues no tengo tiempo material, supongo que escaso, pero con mucho esfuerzo…. no te quepa duda

  10. isabel Di:

    saudiños a mengana”Lucìa”, desde Chantada, Isa e Pili, que este ano que ven algo movidiño, sexa moi bo para ti, e tamèn moita sorte. Unha aperta, e moitas gracias por teres tanta paciencia, no curso de Santiago connosco, esperemos seguir intentando ” traballar”, que è o que todos/as queremos, e tamèn aprender, a ver se nos deran outro curso….. se diosito quere ou non sei quen… no 2012, e se è posible contigo, que o pasamos moi ben, moitos bicos, e unha aperta moi forte, Chantada, 5-03-12.
    CHAO!……

  11. Mengana Di:

    Boas chicas! como estades?
    Vexo que as ganas non se esgotan! Así me gustades!
    A ver se eu tamén sigo con esto do blogue e se me ides consultando máis cousiñas eu voulle dando un pouco de vidiña tamén!
    Para o ano… pois eu por suposto estarei encantada de volver a vervos e seguir aprendendo xuntas.
    Unha perta dende Santiago por fin anubrado :D a ver se choveeee!!

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe