Arquivo de Setembro de 2010

Botamos a andar (e contactos!)

Escrito por anpa_gondomar, o 28 Setembro 2010 16:01

Despois de seguir tódolos pasos por fin nos constituimos como ANPA o pasado venres 24 de setembro de 2010. A denominación oficial é ANPA “Galiña Azul Ameixeira”. Agora ainda nos restan algúns trámites administrativos, pero xa podemos empezar a facer cousas. Moitas grazas a todas e todos os que acudíchedes o outro día.

Xunto con esta entrada atópase un ficheiro (contactos) cos membros da directiva e distintos medios de contacto. Non dubidedes en utilizalos para calquera cousa que poidades precisar.

Proposta de estatutos

Escrito por anpa_gondomar, o 16 Setembro 2010 10:17

Na seguinte ligazón estatutos_anpa_gago-1-1 está dispoñible a proposta de estatuos da ANPA Ameixeira Escola Infantil Galiña Azul de Gondomar.

Esta iniciativa parte dos seguintes nais e pais:

  • María José Cardoso Pérez
  • Conchi Fernández Vázquez
  • Vanessa Pérez Méndez
  • Jorge López Rodríguez
  • Mónica Sánchez
  • Mª Elena Fernández
  • Manuel Caeiro Rodríguez

¡Ola!

Escrito por anpa_gondomar, o 13 Setembro 2010 13:12

Este é o blog oficial da ANPA Ameixeira da escola infantil Galiña Azul de Gondomar.

¡¡Botamos a andar!!