Arquivo de Novembro de 2011

Estatutos definitivos da ANPA

Escrito por anpa_gondomar, o 13 Novembro 2011 10:16

Aquí tendes os estatutos definitivos da anpa. Tivemos que facer algunhas modificacións para rexistrar a asociación perante as consellerías da Xunta.

Estatutos ANPA Ameixeira

Xestións no concello

Escrito por anpa_gondomar, o 5 Novembro 2011 10:57

Dende a constitución da ANPA Ameixeira aló por setembro de 2010 (ai que ver como corre o tempo) levamos feitas algunas reunións co concello para informarlle das nosas necesidades e inquedanzas. De momento a atención recibida sempre foi boa, pero non así a satisfacción das nosas demandas. Aquí vos deixamos o conxunto de documentos que lle temos remitido ao concello. Podedes ver que hai moitas cousas que se repiten e que non requiren un gran envistimento.

Listado de documentos:

  1. Solicitude Concello Novembro2010
  2. Solicitude Concello Xuño 2011
  3. Solicitude Concello Setembro 2011
  4. Outubro 2011: volvémoslle a remitir o mesmo documento de xuño xa que “non o tiñan”.

Documento de inscripción como socio

Escrito por anpa_gondomar, o 5 Novembro 2011 10:35

Ainda que con un pouco de retraso, aquí vos deixamos a documento de inscripción como socio do curso 2011-2012. Nel podedes atopar as instruccións para inscribirvos e facer o ingreso da cuota correspondente.

Documento de inscripción

Damosvos a benvida e agradecemos de antemán a vosa participación.