Xestións no concello
Dende a constitución da ANPA Ameixeira aló por setembro de 2010 (ai que ver como corre o tempo) levamos feitas algunas reunións co concello para informarlle das nosas necesidades e inquedanzas. De momento a atención recibida sempre foi boa, pero non así a satisfacción das nosas demandas. Aquí vos deixamos o conxunto de documentos que lle temos remitido ao concello. Podedes ver que hai moitas cousas que se repiten e que non requiren un gran envistimento.
Listado de documentos:
- Solicitude Concello Novembro2010
- Solicitude Concello Xuño 2011
- Solicitude Concello Setembro 2011
- Outubro 2011: volvémoslle a remitir o mesmo documento de xuño xa que “non o tiñan”.
12 de Novembro de 2011 ás 19:32
Parabens á ANPA por facer públicas as xestións que realizan para mellorar o servizo. Normalmente a falta de transparencia nos organismos é o habitual, e a información chega filtrada, manipulada ou simplemente non a hai. É de agradecer que existan informes das iniciativas dos colectivos que adican tempo e esforzo para lembrarlle ás institucións o traballo pendente.