Arquivo de Marzo de 2012

Carta de protesta por subida de taxas e varias peticións

Escrito por anpa_gondomar, o 17 Marzo 2012 11:39

No día de hoxe enviamoslle esta carta á Subdirección Xeral de Familia e Menores pedindo algúns cambios e melloras no servizo que se ofrece nas escolas infantís Galiña Azul.

Aquí temos a resposta do consorcio á nosa carta (resposta-xunta). Como se pode ler respondenos a dúas cousas das tres que plantexábamo:

  1. Sobre a prestación do servizo de comedor en termos máis flexibles e acordes á asistencia non se nos responde nada.
  2. Sobre os prezos das escolas infantís que se trata dunha actualización. Correcto, máis non se acordan do mesmo xeito cando se trata da actualización nos salarios do persoal. En calquera caso o que pedimos e unha xestión máis flexible do servizo, de forma que se non se usa non se pague. Esto pode ser difícil, pero queremos que se faga unha xestión eficiente.
  3. Sobre a flexibilización de horarios remítesenos á normativa de réxime interior e os obxetivos que buscan: manter a continuidade e coherencia nas propostas educativas e respetando as necesidades fisiolóxicas das crianzas. Con esto estanos confirmando que non se teñen en conta as condicións laborais das familias. Penso que este é un tema importante a revisar porque ten continuidade no futuro e realmente supón un atranco en moitos casos.