Carta de protesta por subida de taxas e varias peticións

No día de hoxe enviamoslle esta carta á Subdirección Xeral de Familia e Menores pedindo algúns cambios e melloras no servizo que se ofrece nas escolas infantís Galiña Azul.

Aquí temos a resposta do consorcio á nosa carta (resposta-xunta). Como se pode ler respondenos a dúas cousas das tres que plantexábamo:

  1. Sobre a prestación do servizo de comedor en termos máis flexibles e acordes á asistencia non se nos responde nada.
  2. Sobre os prezos das escolas infantís que se trata dunha actualización. Correcto, máis non se acordan do mesmo xeito cando se trata da actualización nos salarios do persoal. En calquera caso o que pedimos e unha xestión máis flexible do servizo, de forma que se non se usa non se pague. Esto pode ser difícil, pero queremos que se faga unha xestión eficiente.
  3. Sobre a flexibilización de horarios remítesenos á normativa de réxime interior e os obxetivos que buscan: manter a continuidade e coherencia nas propostas educativas e respetando as necesidades fisiolóxicas das crianzas. Con esto estanos confirmando que non se teñen en conta as condicións laborais das familias. Penso que este é un tema importante a revisar porque ten continuidade no futuro e realmente supón un atranco en moitos casos.

3 respostas para “Carta de protesta por subida de taxas e varias peticións”

  1. nuria Di:

    buenísima

  2. anpa_gondomar Di:

    Hoxe informounos a dirección da escola que o referido na carta no punto 2 relativo á normativa do centro sobre a non asistencia ao centro ata pasados dous días do último síntoma de enfermidade non é certo. Existen unhas normas de saúde pública que requiren un periodo deste tipo para algúns tipos de enfermidades (p.ex., gastroenterite, varicela) variando os días en función do tipo de enfermidade.

    Engadimos esta nota a modo de corrección do indicado na carta. En calquera caso, isto non altera para nada a mensaxe principal, na que se demanda unha xestión máis eficiente dos recursos.

  3. Olalla Di:

    Escribimos dende a Anpa da escola infantil de Bueu pois tamén estamos indignados coa subida das taxas e os trámites da súa modificación. Gustaríanos saber se estades a levar a cabo nestes momentos algunha medida con respecto á subida de taxas e as cotas do comerdor.
    Agardamos a vosa resposta.
    Un cordial saúdo.
    Olalla González.

Deixa un comentario

Imaxe
Nova imaxe Actualizar imaxe