Arquivo de Maio de 2012

Excursión a vigozoo e arranxos no patio

Escrito por anpa_gondomar, o 26 Maio 2012 22:03

Fai un par de semanas pasamos un bonito día de visita en Vigozoo. A visita quizáis se fixo curta, pero con esta xentiña pequena que levamos non nos podemos parar moito. Aquí deixamos algunhas fotos como lembranza.

Sobre o patio. A pesar dos problemas que nos indicara o concello para ocuparse do arranxo do patio, esta semana estiveron traballando na instalación dun sistema de rego automático e no acondicionamento da zona, plantando algúns trozos de gramón. Tamén levaron algúns neumáticos para que poidan xogar os cativos. Pois ante o feito só podemos darlle as grazas ao concello e a todos os que vos interesastes e vos ofrecechedes para arranxar este problema.

Precisamos axuda urxente para o acondicionamento do patio

Escrito por anpa_gondomar, o 5 Maio 2012 21:24

Hola a todos,

Esto é unha chamada de axuda, de axuda urxente!!!

Nestas fotos podedes ver o estado deplorable no que se atopa o patio. Como podedes ver, o tempo louco destes meses pasados deixouno feito un desastre.

Nas últimas semanas temos falado co centro e co concello sobre a forma de arranxar este problema, pero xa sabedes como son as cousas de “palacio”. Ante isto algúns membros da directiva da ANPA vamos a tentar de facer dúas cousas, por un lado levar terra e por outra tratar de plantar algo de céspede e de gramón a ver se podemos conseguir que prenda. Agora ben, o certo é que non temos moita experiencia nisto e non estamos moi optimistas. Se algún xardineiro afecionado ou profesional nos puidese botar unha man agradeceríamosllo moito, nos e tódolos nenos e nenas, que se ven o bo tempo pasarán moitas horas no patio.