Arquivos da categoría ‘Concello’

Noticia no Faro

Escrito por anpa_gondomar, o 19 Febreiro 2012 12:46

Hoxe aparece no Faro de Vigo unha nova onde se recollen as nosas peticións de mellora que dende a ANPA lle temos feito ao concello. Parabéns ao periodista que soubo recoller tódolos temas dos que lle queríamos informar.

Agora agardamos que o concello se poña mans á obra. Certamente recoñecemos que xa teñen feito algunhas cousas, como se recolle na noticia, mais non podemos quedarnos ahí.

Ligazón á nova no Web

¡Que disfrutedes do entroido!

Reunión directiva

Escrito por anpa_gondomar, o 3 Decembro 2011 17:38

Onte, como tódolos primeiros venres de cada mes, tivemos unha reunión da directiva da ANPA. Nesta ocasión a reunión foi un tanto especial, porque despois de máis dun ano de tramitación administrativa e de trabas burocráticas por fin conseguimos o rexistro como asociación na Xunta!!!!!!!!. Este é un requisito imprescindible para poder optar ás axudas da xunta, polo que a partir de agora estaremos moi atentos a estas oportunidades.

Na reunión tamén se trataron outros temas que se plantexaron ao longo do mes de novembro:

  1. Sobre a obrigatoriedade das vacacións en agosto. Sobre este punto aprobamos o seguinte documento (vacacions-agosto) que distribuiremos a tódolos usuarios da gardería para facilitar a realización da petición que se lles recoñece no regulamento de rexime interior. En calquera caso, tamén acordamos transmitir unha queixa ao organo responsable da rede de escolas infantís por aprobar dito regulamento o 30 de setembro, cando o curso xa empezara o 1 de setembro e os pais fixeran a matrícula algúns meses antes. Esto supuxo un cambio nas “regras de xogo cando o partido xa estaba iniciado”, cousa que non é admisible. No futuro instamos a este organismo a que estableza as condicións que rexen o funcionamento das garderías antes de que os pais/nais fagan a matrícula dos seus nenos e nenas, para que poidan valoralas con coñecimento de causa, e que non as modifiquen durante o curso.
  2. Sobre a convocatoria de pais para o consello escolar. Consideramos que este curso se fixo de forma “irregular” e aprobamos o seguinte documento (consello-escolar).
  3. Peticións ao concello. Durante o mes pasado intensificamos a petición das nosas demandas ao concello, mais sen resultado ningún. Sempre nos din que xa o van a facer á semán seguinte, mais sempre é o mesmo e á semán seguinte nada.
  4. Festexos do nadal. Dende a dirección da escola solicítan a colaboración da ANPA para as festas do nadal. Dende a ANPA trataremos de participar mediante a búsqueda de disfraces de papa noel o dos reis magos. Se dispoñedes de disfraces e nos podedes axudar por favor poñédevos en contacto con nós.
  5. Por último, estamos organizando unha actividade de inglés que iniciaremos o mes que ven. Nas próximas semanas farémosvos chegar máis información e os impresos para que vos poidades apuntar se o desexades.

Parabéns!!!

Xestións no concello

Escrito por anpa_gondomar, o 5 Novembro 2011 10:57

Dende a constitución da ANPA Ameixeira aló por setembro de 2010 (ai que ver como corre o tempo) levamos feitas algunas reunións co concello para informarlle das nosas necesidades e inquedanzas. De momento a atención recibida sempre foi boa, pero non así a satisfacción das nosas demandas. Aquí vos deixamos o conxunto de documentos que lle temos remitido ao concello. Podedes ver que hai moitas cousas que se repiten e que non requiren un gran envistimento.

Listado de documentos:

  1. Solicitude Concello Novembro2010
  2. Solicitude Concello Xuño 2011
  3. Solicitude Concello Setembro 2011
  4. Outubro 2011: volvémoslle a remitir o mesmo documento de xuño xa que “non o tiñan”.