contamos coa coeducación : “Unha feliz catástrofe” , “Rosa Caramelo”
A coeducación vai máis aló da escola mixta. As tarefas domésticas ainda son executadas polas mulleres na meirande parte dos casos. As desigualdades sociais desembocan en estereotipos que fan moi difícil o avance na erradicación das discriminacións por mor do xénero. E non fai falla aclarar en que poden acabar as diferenzas.
Dende a escola debemos aportar unha perspectiva de igualdade; e os contos, as cancións e sobre todo, as actitudes na vida diaria das escolas, son imprescidibeis nesta procura da igualdade.
estos contos están na web http://www.ducotedesfilles.org/es/cote_filles.htm ,
para visualizar os contos hai que ir dándolle ao botón triangular que vos pasa á seguinte animación
se clickas 2 veces na imaxe podes velo a pantalla completa
“Unha feliz catástrofe” Adela Turín, editorial Lumen
“Rosa Caramelo” Adela Turín, editorial Lumen
estamos en proceso de facer as versións destes e doutros contos ao galego,
xa vos iremos contando
Etiquetas: coeducación, contos