presentacion

(25/10/2008) GALERÍA FOTOGRÁFICA

Presentación da nova colección Cempés da editorial Baía

O día 25 de outubro, coincidindo coa celebración das actividades do Plano de Formación na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, celebrouse o acto de presentación da nova colección Cempés da editorial Baía, dirixida a crianzas das primeiras idades. Os dous libros que abren a colección intégranse dentro do proxecto Letras Miúdas no que a Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración con diversas editoriais galegas está promovendo a edición de materiais que poidan enriquecer o traballo educativo nas aulas das escolas infantís 0-3 de Galicia.
Os libros presentados foron Carolina e os caracois do que autor Arturo Iglesias e ilustrador Xosé Tomás e A casa redonda da que é autora Paula Carballeira e ilustrador Manuel Uhía.
No acto participaron Carme Adán (Secretaria Xeral da Igualdade), Lois Ferradás (Decano de Ciencias da Educación), Belén López Vázquez (Directora editorial de Baía edicións), Xosé Tomás e Carolina Iglesias, que agasallou ao aforo cun monólogo para presentar o libro do que seu pai é autor. Asemade, Xosé Tomás compartiu coas persoas asistentes as obras que serviron de base para as ilustracións do libro Carolina e os caracois mediante unha exposición das mesmas.

© Secretaría Xeral de Familia e Benestar - Consellería de Traballo e Benestar, Xunta de Galicia