|
Ola Mónica. O primeiro que tes que facer é subir as fotos usando o apartado que se encontra baixo o editor de texto. Se xa tes subidas as fotos e queres ver todas as que subiches só tes que premer no botón percorrer todo. Agora o que debes facer é insertar a foto subida á área de edición. Para iso, posiciona o cursor sobre o lugar onde queres insertar a fotografía na área de edición, preme logo na fotografía no apartado inferior (a podes ver como xa dixen tendo seleccionada a opción "percorrer todos") co botón esquerdo e aparece unha opción "Enviar ao editor". Tamén podes realizar esta operación simplemente premendo na fotografía e arrastrándoa até a área de edición. Espero que con estas indicacións consigas engadir fotos ás túas anotacións do blog. Un saúdo, Rubén
|