Escolas infantis

Consellería Traballo e Benestar. Abre nunha nova ventá

Estás en: Inicio Novas A nova escola infantil de O Pino entrará en funcionamen...

A nova escola infantil de O Pino entrará en funcionamento o vindeiro mes de marzo

Última actualización: 17/01/2012 17:55 Vista Previa Impresión Enviar a un amigo/a

 

A nova escola infantil de O Pino, situada na Parroquia de Santa Eulalia de Arca, abrirá as súas portas o vindeiro mes de marzo. O xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Roberto Rodríguez, acompañado polo alcalde visitou hoxe as obras, que serán recepcionadas a finais desta semana.

Na visita, o xerente do Consorcio explicou que cara á posta en funcionamento deste centro infantil o vindeiro mes de marzo, nas próximas semanas procederase a instalar o mobiliario, que xa foi tamén adxudicado.

Tamén está xa en marcha o procedemento de matrícula. Así, onte se publicaron as listas provisionais de admitidos e, tras un prazo de reclamacións, a matriculación pecharase o 16 de febreiro.

Investimento de 700.000 euros
A nova escola infantil A Galiña Azul de O Pino ofertará un total de 41 prazas para nenos e nenas de entre 0 e 3 anos de idade. O investimento en proxecto, obra e equipamento achegouse aos 700.000 euros.

A construcción desta escola infantil enmarcouse nun convenio asinado en decembro de 2009 entre o Ministerio de Educación e a Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento de prazas públicas do primeiro ciclo de educación infantil.
 

Máis información:

  1. Consellería de Traballo e Benestar

  2. Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar