Vista previa do resultado da impresión da páxina

Pechar páxina Imprimir

Alfombras florais na Escola Infantil da Illa de Arousa

Última actualización: 15/05/2012 13:01

 

Na escola infantil da Illa de Arousa, realizaron uns obradoiros moi artísticos e florais: alfombras de flores para celebrar a primavera e manter as tradicións culturais locais deste tipo de alfombras típicas desta época.

En concreto na aula do “Rato Paco” aos nenos e nenas encantounos sacarlle os pétalos ás flores, porque eran moi bonitas e cheiraban moi ben… Despois fóronas agrupando por diferentes cores… Para despois comezar a elaborar a alfombra, enchendo tódolos ocos con café, pétalos, sales..

Que cheiro máis rico tiñan na escola! E pouco a pouco foi collendo a forma de rato Paco, como se pode ver na imaxe desta nova. Agradecer á nai de Alén, María, e ao pai de Xiao, Antonio, polo seu traballo e organización.

Tamén na aula “Onde perdeu Lúa a risa” fixeron unha alfombra floral ben fermosa.

Neste caso cubriron cada recunchiño de debuxo con flores e con herbas. Os brazos, as pernas, a barriga… que será o noso debuxo? Ademais como xa son moi maiores, fixeron cada movemento con moito coidado e precisión para que quedara moi ben.

Tamén empregaron café e sales pintadas de diferentes cores. E pouco a pouco o noso debuxo ía collendo forma… E pronto déronse conta de que se trataba da “Cebra Camila”, un dos contos que máis lles gustan. Igualmente agradecer ao irmán de Olaia, que lles axudou moitísimo, así como a súa nai e o pai de Vera e Lucas.

Máis información sobre este obradoiro no blogue da Escola Infantil da Illa de Arousa:

-          ALFOMBRAS FLORAIS

-          ALFOMBRAS FLORAIS I

-          ALFOMBRAS FLORAIS II

Puede subscribirse a las novedades
de esta web con un lector de feeds