Degustación de froitas de verán nas EE.II. de Nigrán e ...
Os nenos e nenas das EE.II. de Nigrán e de Poio para poder combater as altas temperaturas destes días, nada mellor que degustar froita fresca de tempada coma: sandía, melón, fresas…
En primeiro lugar na Escola Infantil de Nigrán, coma xa chegou o verán e con forza, para refrescarse un pouquiño, nada mellor que probar dúas froitas moi fresquiñas, con gran cantidade de auga e típicas desta estación: a sandía e o melón. Primeiro observaron a súas propiedades e despois probáronas.
Vaia festín que se deron!!!
[Máis información na ligazón: Degustación das froitas do verán]
En segundo lugar na Escola Infantil de Poio, na aula das “estreliñas” gozaron dunha merenda de froita de tempada, que ademais de refrescarse lles serviu para coñecer as froitas típicas do verán. Por tanto degustaron: laranxas, peras, kiwis e fresas… Pero a que mais lles gustou foi a fresa porque estaba moi saborosa e fresquiña!!!
Foi moi divertido experimentar cos olores, as texturas e os sabores das diferentes froitas.
Que boas e fresquiñas estaban!!
[Máis información na ligazón: EXPLORAMOS O MARABILLOSO MUNDO DAS FROITAS DE TEMPADA ]