Na Escola Infantil de Arzúa coñeceron diferentes oficio...
Os nenos e nenas da Escola Infantil de Arzúa están a traballar o tema do oficios e para entender mellor en qué consisten algúns deles, dende a escola se organizaron diferentes visitas para que os propios protagonistas llas explicaran.
Recibiron por tanto a seguintes visitas, coas que gozaron moito ademais de aprender:
En primeiro lugar tiveron a visita da perruqueira Mari, a cal ensinoulles os seus peites, secador, pinzas do pelo e sobre todo puxo a todos e todas moi, moi guapos e guapas. Moitas grazas por ensinarnos tantas cousas Mari!!
En segundo lugar tiveron a visita dos bombeiros, coa que os nenos e nenas quedaron moi abraiados e gozaron moitísimo. No vídeo que se pode ver a través do enlace desta visita amósase todo o que fixeron: subiron ao camión de bombeiros, aprenderon a usar a mangueira sempre coa axudas dos bombeiros pois tiña moita preesión… Moitas grazas por ensinarnos!!
Finalmente tamén tiveron a visita de Eva, unha das policías locais da vila, que lles explicou o importante que é levar o cinto de seguridade posto cando se vai en coche. Ademais lles dixo que cando queiran cruzar a rúa sempre teñen que darlle a man a papa, a mamá ou o adulto que os acompañe. Encantoulles escoitar o son da serea do seu coche. Grazas Eva pola túa visita!!