Novas
Os nenos e nenas da Escola Infantil de Allariz coñecen ...
Os nenos e nenas da aula dos “taberneiros” da Escola Infantil de Allariz decidiron ir de tendas para renovar o vestiario de verán, pero sobre todo para coñecer a contorna que lles rodea!!
Primeiro estiveron nunha Mercería, e alí a mamá de Lucas Gómez ensinoulles todo tipo de roupa interior e de baño.
Despois foron ata unha Zapatería, onde elixiron as sandalias e as zapatillas que máis lles gustaba a cada un ou unha.
A seguinte parada fixérona nunha tenda de roupa da mamá de Noa, que ensinoulles as novas tendencias para este verán. A verdade é que gustoulles todo.
A visita rematou nunha Floristería onde lles ensinaron todo tipo de flores e plantas para adornar a casa e o xardín este verán.
Qué ben o pasaron!!, podedes comprobalo premendo aquí: ROTEIRO DE TENDAS