Escolas infantis

Consellería Traballo e Benestar. Abre nunha nova ventá

Estás en: Inicio Novas Na Escola Infantil de Baiona celebraron de forma especi...

Na Escola Infantil de Baiona celebraron de forma especial “o día dos maiores”

Última actualización: 27/07/2012 09:32 Vista Previa Impresión Enviar a un amigo/a

 

Hoxe, 26 de xullo conmemorase o día dos maiores e para celebralo na Escola Infantil de Baiona tiveron unha visita moi especial: os maiores de centro de dia de Baiona viñeron a pasar unha xornada con todos os nenos e nenas da escola.

Como pódese observar nas fotos dende a seguinte ligazón:

Todos e todas pasaron unha xornada moi divertida, na que xogaron entre elles e ademais as persoas maiores contáronlles contos aos nenos e nenas.

En definitiva hoxe na Escola Infantil de Baiona gozaron dunha xornada especial coa que se pretende ensinar valores de respecto e solidariedade ás persoas maiores xa dende cativos.

Máis información:

  1. Escola Infantil de Baiona