Novas
Con tanta calor…, os nenos e nenas da E.I. de Silleda r...
Como estamos en pleno verán e fai moita calor….., os nenos e nenas da Escola Infantil de Silleda se ocupan de coidar a súa horta con moito agarimo, para o cal collen as súas regadeiras e refrescan con auga as plantas.
Ademais coma son un verdadeiros expertos no coidado da horta, ca que durante o curso se realizaron diferentes obradoiros de coidado das plantas, pois cada mañá saen para ver se medra a plantación que teñen de leitugas, repolos…. Bótanlle auga e escarvan un chisco na terra para comprobar que todo vai ben e que realmente a auga lle chega ás raíces da planta.
Con este tipo de tarefas os nenos e nenas ademais de gozar e de aprender novas actividades, lles estimula o sentido da responsabilidade e de prestar os coidados necesarios a algo que depende deles e delas, como é o crecemento das plantas da horta da escola.
Mirade que ven o pasan regando a hora a través da seguinte ligazón: