Escolas infantis

Consellería Traballo e Benestar. Abre nunha nova ventá

Estás en: Inicio Plantación de carballos na Escola Infantil de Tras Parl...

Plantación de carballos na Escola Infantil de Tras Parlamento de Santiago

Última actualización: 02/08/2012 12:23 Vista Previa Impresión Enviar a un amigo/a

 

Este curso na Escola Infantil Tras Parlamento sementaron carballos no seu xardín, dentro das actividades relacionadas coa natureza.

Ademais trala plantación estiveron moi atentos a ver como daquelas boliñas de madeira que puxeron na terra un día foron medrando ramas, follas… e demais elementos que lle van dando forma aos pequenos carballos.

Agora xa son grandiños así que os nenos e as súas familias están a buscar o lugar idóneo para transplantalos e que medren sen problemas de espazo.

O primeiro que comparte a súa experiencia con todos é MATEO que tal como se amosa na imaxe da nova, coida con moito agarimo e responsabilidade ao seu pequeno carballo.

Máis información sobre esta actividade na ligazón que aparece ao final desta nova.

Máis información:

  1. Escola Infantil de Tras Parlamento